The Velvet Underground: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m r2.5.4) (Bot: Engado: vi:The Velvet Underground
Elisardojm (conversa | contribucións)
baterista>batería
Liña 20:
As orixes da banda hai que situalas na década de 1960. Naquela época [[Lou Reed]] estudaba na universidade de Syracuse, en Nova York, e compuña temas de [[pop]], [[rock and roll]] e [[doo-woop]]. Reed tiña unha personalidade peculiar, que na adolescencia lle achacaran a desviacións e patoloxías nerviosas que intentaron curar con terapia de electrochoque. Á parte dos temas convencionais que vende a diversas discográficas, comeza tamén a crear outras cancións moito máis persoais con textos dunha gran forza lírica.
 
Na efervescente Nova York do 64, Lou Reed coñece a [[John Cale]], un galés estudante de música contemporánea e admirador de músicos vangardistas coma [[John Cage]] ou [[La Monte Young]]. Cale amplificaba a súa viola para sacar dela imposibles notas eléctricas dun instrumento clásico. Tamén aparece [[Sterling Morrison]], un excelente guitarrista rítmico veciño de Reed. Reed móstralles a Cale e a Morrison as súas cancións e estes quedan fascinados, así que deciden aplicar unha base de son ao gran potencial literario que posúen. Tras probar diversos bateristasbaterías, chega á banda [[Maureen Tucker]], unha muller que tocaba dun modo primitivo e desprendía unha imaxe ambigua.
O grupo comezou a tocar en varios locais de Nova York. As primeiras opinións do público foron desastrosas. A banda tocaba dunha forma completamente distorsionada e a maioría de veces fóra de ton, o cal resultaba desagradable para a audiencia. Fartos de ser expulsados de case tódolos locais, a Velvet comezou a tocar no Cafe Bizarre, coma unha das últimas tentativas de ter un mínimo de continuidade na escena. Este lugar constituíu un punto de inflexión para a banda: en medio doutra actuación viron entrar no local a [[Andy Warhol]] e todo o seu séquito, que andaba a buscar unha banda de rock para expandir os seus proxectos entre outros públicos diferentes. Ao final da actuación, Warhol propúxolle a Reed e Cale que se trasladasen a The Factory, berce dos protexidos de Warhol, ofrecéndolles novo equipo e a súa promoción. Neste novo contexto as letras e a música de Reed adquiriron un enfoque aínda máis explícito ca antes.