L7: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Estado de San Paulo
Elisardojm (conversa | contribucións)
baterista>batería
Liña 16:
 
== Historia ==
A idea de formar a banda xurdiu en [[1985]] cando Suzi Gardner coñeceu a Donita Sparks nos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]]. En [[1986]], despois de moitos ensaios, a idea da banda fíxose máis seria cando Jennifer Finch (que vivía en [[San Francisco]]) se converteu na baixista da recén formada L7. A partir daí a banda pasou a facer varios concertos en clubes da cidade, con Suzi e Donita nas voces e guitarras, Jennifer no baixo e o bateristabatería Roy Koutsky completando a formación.
 
Non pasou moito tempo ata conseguir un contrato, que acabou sendo asinado con [[Epitaph]] para o lanzamento do seu primeiro disco. O álbum, titulado ''L7'', foi lanzado en [[1988]] coa produción de [[Brett Guertzitz]], e a banda embarcouse na súa primeira xira nacional, teloneando a [[Bad Religion]].
 
Despois dun tempo cambiando de bateristasbaterías, en [[1988]] Demetra "Dee" Plakas xuntouse á banda. Xa en [[1989]] L7 asinou coa [[Sub Pop]] e fixo a súa segunda xira nacional, desta vez ao lado da banda Catt Butt. O primeiro lanzamento con Sub Pop tivo lugar en [[1990]], o disco ''Smell the Magic''. Despois da súa primeira xira en [[Europa]] (abrindo concertos para [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]]), e de varios concertos nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], L7 comezou a chamar a atención das grandes discográficas. En [[1991]] a banda asinou con Slash Records e no ano seguinte foi lanzado ''Bricks are Heavy''. Co novo disco, L7 mostrou que non perdera a súa agresividade e a súa pegada despois de asinar cunha discográfica grande, consolidando o seu estilo e contando cunha produción máis traballada. ''Brick are Heavy'' foi producido por [[Butch Vig]].
 
A repercusión do novo álbum foi extraordinaria, vendendo centenas de millares de copias en todo o mundo, levado principalmente polo éxito de "Pretend We're Dead", a canción máis tranquila e pop do disco, ata hoxe a canción máis coñecida de L7.