Niceto Alcalá-Zamora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 35:
'''Niceto Alcalá Zamora y Torres''', nado en [[Priego de Córdoba]] o [[6 de xullo]] de [[1887]] e finado en [[Bos Aires]] o [[18 de febreiro]] de [[1949]], foi un político e avogado [[España|español]], que foi primeiro presidente da [[Segunda República española]].
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Avogado de gran prestixio e sona, iniciou a súa carreira política dende moi cedo militando no ''Partido Liberal del conde de Romanones''. Foi deputado en [[1905]] e [[1907]] e subsecretario de gobernación. Máis tarde pasa ao sector demócrata impulsado por [[Manuel García Prieto]], e no goberno deste, sería nomeado Ministro de Fomento e Ministro da Guerra ([[1922]]).
 
Foi tamén representante de [[España]] na [[Sociedade de Nacións]]. Opositor da ditadura de [[Miguel Primo de Rivera]], o [[13 de abril]] de [[1930]], pronunciou un discurso moi violento contra a monarquía, á cal lle retirou o seu apoio e confianza, e dende alí propuxo unha república conservadora, burguesa, e que se apoiara nas clases medias e nos intelectuais.
 
=== O goberno provisional ===
[[Ficheiro:Gouvernement provisoire.jpg|350px|miniatura|dereita|Goberno provisional da II República:
De esquerda a dereita: [[Diego Martínez Barrio]], [[José Giral]], [[Francisco Largo Caballero]], [[Miguel Maura Gamazo]], [[Alejandro Lerroux]], [[Niceto Alcalá-Zamora]] (presidente), [[Álvaro de Albornoz]], [[Fernando de los Rios]], [[Indalecio Prieto]], [[Domingo Sanjuán]], [[Manuel Azaña]] e [[Santiago Casares Quiroga]].]]
Liña 48:
O día [[12 de decembro]] de [[1930]] tiveron lugar os sucesos de [[Jaca]], cando os capitáns Galán e García Hernández proclamaron a República nesa poboación, e emprenderon unha marcha cara [[Huesca]], pero vencidos polas forzas gubernamentais, foron xulgados e executados. Tamén se sublevaron no aeródromo de ''Cuatro Vientos'' o comandante [[Ramón Franco]] e o Xeneral [[Gonzalo Queipo de Llano|Queipo de Llano]], pero como non os apoiaron fuxiron a [[Portugal]] en avión. Os líderes das forzas antimonárquicas, parte do comité, entre eles Alcalá-Zamora, foron detidos polo Goberno. O xuízo público, celebrado en marzo de [[1931]], condenounos a seis meses e un día de cárcere, que foron substituídos por liberdade condicional.
 
A difícil situación na que entraba España, tras a dimisión do presidente Berenguer en [[febreiro]] de [[1931]], o rei encargoulle ao almirante Aznar a formación do goberno. O día 18 presentou o novo executivo formado na súa totalidade por ministros monárquicos. O día [[12 de abril]], celébranse eleccións municipais e o resultado foi de 22150 concelleiros monárquicos e 5775 republicanos; porén en 41 das 50 capitais de provincia gañaron os republicanos, que no cómputo total conseguiran máis votos pois era maior o número de votos necesarios para ser concelleiro na cidade que no rural. [[Afonso XIII]], partidario fronte a algún dos seus ministros de que non houbera enfrontamentos, exíliase ante o ultimato do Comité Revolucionario presidido por Alcalá-Zamora. Este, que tiña dende o primeiro momento o apoio popular e tamén o da [[Garda Civil]], comandada polo [[José Sanjurjo|Xeneral Sanjurjo]], converteuse no presidente do goberno provisional. Este novo goberno proclamou a [[Segunda República Española |Segunda República]] o [[14 de abril]] de [[1931]].
 
=== Nacemento da II República ===
 
O [[15 de abril]] o goberno publicou un programa de actuación baseado nos acordos de San Sebastián. Foi anunciada a reforma agraria, liberdade de cultos e crenzas, repecto á propiedade privada, responsabilidades aos colaboradores da ditadura, aumento das liberdades individuais e sindicais, etc.
Liña 60:
Temendo que Zamora emprendera unha campaña revisionista e de desprestixio contra a república, socialistas e azañistas ofrecéronlle a presidencia do Goberno, cargo para o que foi elixido o [[2 de decembro]]. Xurou o cargo o [[11 de decembro]] de [[1931]].
 
=== Primeiro presidente da República ===
Alcalá-Zamora era un home autoritario e convencido da súa misión, dende o primeiro momento tratou de intervir nos asuntos do goberno. Por esta razón quedou apartado do papel que lle correspondía, compensar o ''xacobismo'' do seu primeiro ministro [[Manuel Azaña]].
 
Liña 72:
Este novo goberno de Azaña (o terceiro), non tivo o respaldo das Cortes, polo que en [[setembro]] dimitiu. Alcalá-Zamora disolveu as Cortes e, despois dun curtísimo mandato radical [[Alejandro Lerroux]], encargoulle ao radical [[Diego Martínez Barrio]] a concorrencia a novas eleccións ([[8 de outubro]] de [[1933]]).
 
=== A súa caída ===
Por [[maioría absoluta]] gañaron as esquerdas agrupadas no [[Frente Popular]]. Se isto era unha derrota para as dereitas, máis o era para Alcalá-Zamora. Azaña foi encargado para formar goberno.
 
Liña 94:
{{start box}}
{{ succession box
| predecesor = Ninguén<br /><small>([[Restauración borbónica en España|Reinado]] de [[Afonso XIII]])</small>
| título = [[Ficheiro:Escudo_de_la_Segunda_República_Española.svg|30px]]<br />[[Segunda República Española]] </br> [[Lista de Presidentes de España|Presidente da República Española]]
| período = [[1931]] - [[1936]]
| sucesor = [[Manuel Azaña]]
Liña 101:
{{End box}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Manuel Azaña]]
* [[Segunda República Española]]
Liña 120:
[[ca:Niceto Alcalá-Zamora]]
[[de:Niceto Alcalá Zamora]]
[[el:ΝιτσέτοΝιθέτο Αλκαλά Θαμόρα]]
[[en:Niceto Alcalá-Zamora]]
[[eo:Niceto Alcalá-Zamora]]