Tarhuntasa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 7:
Tarhuntasa converteuse na capital dun reino hitita separado que se estendía por [[Panfília]], Cilicia Occidental e as montañas do [[Montes Taurus|Tauro]] ata [[Konya]], e cara a [[Lukka]] ao oeste, e tiña á fronte a [[Ulmi-Tesup]], que era fillo de [[Muwatallis II]] e que sobre o [[-1266]] asinou un tratado co rei hitita [[Hattusilis III]]. Foi creado por [[Hattusilis III]] para o seu sobriño para facer fronte aos ataques de [[Lukka]], rebelde, e de [[Piyama-radu]] e o seu irmán [[Tawagalawa]], que á fronte de aventureiros de [[Arzawa]] e de Lukka e coa axuda de [[Ahhiyawa]] e [[Millawanda]] (e da illa de [[Lazba]] de onde eran orixinarios) se apoderaran de todo o sueste de Anatolia. Ulmi-Tesub colleu o nome de reino de [[Kurunta]].
 
O reino limitaba ao norte e oeste con [[Pitassa]], [[Ussa]] e terras hititas, e para o sur e suroeste eran terras a dominar "en dirección naá cidade de [[Saranduwa]] ána terra do río [[Hulaya]]". Nos seguintes anos Kurunta dominou ata a costa ao sur, e ao oeste ata o río [[río Kastaraya]] (Kaistros) e a cidade de [[Parha]] (Perge) na chaira panfilia.
 
O debilitamento de [[Hatti]] obrigou a facer concesións ao rei Ulmi-Tesub (Kurunta) de Tarhuntasa, o fillo de Muwatallis, que se atribuíu o título de Rei de Hattusa. O rei de Tarhuntasa na metade do século era aínda Kurunta, que despois desta data asinou un tratado con [[Tudhaliyas IV]]. [[Suppiluliumas II]] afirma nunha inscrición ter devolto o reino de Tarhuntasa á obediencia, pero o reino sobreviviu, e os seus reis continuáronse titulando reis de Hattusa ao igual que o fixeron os reis de [[Karkemish]].