Xosé de Nazaret: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: vi:Thánh Giuse
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: bs:Sveti Josip; cambios estética
Liña 12:
'''Xosé de Nazaret''' (heb.''יוֹסֵף'') foi, segundo a [[Cristianismo|relixión cristiá]], o esposo de [[Virxe María|María]], a nai de [[Xesús de Nazaret]] e, xa que logo, pai adoptivo de Xesús. Era de oficio [[carpinteiro]], profesión que lle ensinou ao seu fillo, e de extracción humilde, aínda que as xenealoxías de Mateo 1,1-17 e Lucas 3,23-38, fano descendente do [[David|Rei David]]. Ignórase a data da súa morte (tradicionalmente, acéptase que morreu cando Xesucristo tiña máis de 12 anos), pero non está presente no relato evanxélico da predicación de Xesús, polo que se presume que morreu antes de que esta tivese lugar.
 
== Orixes ==
[[Ficheiro: Morte de San Xosé.jpg|miniatura|300px|Morte de San Xosé de Picón na igrexa de San Francisco de Santiago de Compostela]]
O [[Evanxeo de Mateo]] di que era fillo de Xacobe ou Iago, entrementres o [[Evanxeo de Lucas]] denomina ao seu pai Elí. Ámbolos dous evanxelistas dan a entender a extracción humilde de Xosé pero o presentan como membro dunha familia descendente de Davide co fin de anticipar o carácter mesiánico de Xesús <ref> Brown, R.E. ''The Birth of the Messiah. A Commentary on the Infancy Narratives in the Gospels of Mathew and Luke'' (Nova Iorque, 1993)</ref>. Carácter que se reafirma coa procedencia de [[Belén]], a vila do mesmo Rei dos xudeus. Nos primeiros anos do Cristianismo, [[Paulo de Tarso]] reflicte nunha das súas cartas unha fórmula primitiva dun primeiro [[Credo]]: Xesús "naceu da estirpe de Davide por liña carnal" (Rom. 1, 3-3)
Liña 21:
Aínda que oriúndo de [[Belén]], residía na diminuta aldea de Nazareth, constituída por pequenas e poucas casas de pallabarro e cavernas <ref> Crossan, J.D.Reed J.L., ''Excavating Jesus: Beneath the Stones, behind the Text'' (San Francisco, 2001)</ref>.
 
== Oficio ==
[[Ficheiro:Outono 2010 150.jpg|miniatura|250px|esquerda|Obradoiro de San Xosé na igrexa de Santo Agostiño en Santiago de Compostela]]
O seu oficio era de ''tekton'', palabra grega que designa a un artesán humilde que facía portas, traballaba na construción de casas, reparaba sellas de montar.., e que un dos primeiros autores cristiáns e [[Pais da Igrexa]], [[Xustino Mártir]], identifica co oficio de carpinteiro. O propio Xustino asegura que nos seus días aínda existían aguilladas e arados construídos por Xosé e Xesús<ref>''Dialogus cum Tryphone Juadeos''</ref>.
Liña 27:
É posible que, tal como sospeita Schlatter, non existise traballo suficiente en Nazaret para un tekton, polo que sería factible que Xosé se desprazase con Xesús a traballar na helenizada e próxima cidade de Séforis. Especulación factible pero indemostrada. En todo caso, Xesús aprendería este oficio do seu pai dado que no xudaísmo rabínico tardío era obriga dun pai da condición social de Xosé ensinar un oficio manual ao seu fillo. Non ensinar a traballar era incumprir o mandamento de non roubar.<ref> Gnilka Joachim, ''Jesús de Nazaret, Mensaje e historia''. Ed. Herder 1995, pp 97 e 98. ISBN:84-254-1807-0</ref>
 
== Custodio de María e Xesús ==
Xosé estaba desposado (prometido) con María de Nazareth, cando se decatou que esta estaba preñada. Angustiado e decepcionado, por resultarlle evidente que o embarazo non era del, resolveu repudiar a María en segredo. Sendo un home bo, segundo o Evanxeo de Mateo, procurou evitar a infamia e o grave risco de que María fose lapidada como unha adúltera consonte a Lei de [[Moisés]]. O historiador xudeu [[Joseph Klausner]] afirma que en Galilea se exercía un control estrito sobre as mociñas comprometidas, aínda que se cadra algo máis laxo que en Xudea.<ref>Klausner, Joseph, ''Jesús de Nazareth, su vida, su época, sus enseñanzas''. Ed. Paidós 2006. pax. 291. ISBN 84-493-1834-3</ref>. Segundo as fontes cristiáns, será unha revelación obtida en soños a que lle fará permanecer ao carón de María.(Mt.1:19;20-24). Esta mesma revelación ordéalle que lle poña ao seu fillo o nome de Xesús (en hebreo ''Yehosua'', que significa ''Deus libera'' ou ''Deus salva'').
 
Liña 40:
A derradeira aparición de Xosé no Evanxeo de Lucas é con ocasión do relato da desaparición de Xesús, xa preadolescente, perdido durante tres días cando voltaban con María dunha peregrinación a Xerusalén con ocasión da [[Pessach|Pascua]]. Segundo as palabras de María, recollidas por Lucas, a busca do neno foi angustiosa: ''¿por qué nos fixestes isto?, teu pai e máis eu andabámoste a buscar anguriados''. Nin Xosé nin María entenderon a resposta de Xesús. (Lc. 2, 41-50).
 
== A paternidade e descendencia de Xosé ==
As igrexas cristiáns, en consonancia coa crenza na virxindade de María, adoitan entender que Xosé non era o pai biolóxico de Xesús. O [[Evanxeo de Marcos]] fala de que os veciños de Xesús denominan a este pexorativamente "o carpinteiro fillo de María". Algúns esexetas apuntan a que esta maneira de identificar a un galileo pola filiación materna é un indicativo de que se cuestionaba a paternidade, o que pode ser un reflexo dun rexoubeo local acerca da ilexitimidade de Xesús (Stauffer, Lüdemann, Schaberg...)<ref>Ludemann G. ''Virgin Birth? The Real Story of Mary and her son Jesus'' Londres, 1998</ref><ref>Schaberg, J, The Illigitimacy of Jesus: A Feminist Theological Interpretation of the Infancy Narratives, San Francisco, 1987</ref>. Algo que continúa no século II cando autores como [[Celso]] utilizan este feito para desacreditar a seita dos cristiáns. O ''Toldot Ieshu'', un relato popular xudeu, tamén sosterá ilexitimidade de Xesús. O Evanxeo de Mateo coloca na xenealoxía de Xosé e, por extensión, de Xesús, a catro mulleres lembradas polas súas relacións sexuais irregulares: Tamar que seduciu a Xudá, Raxab a prostituta, [[Rut]] que seduciu a Boaz e [[Betsabé]], seducida por Davide (Mt.1,3,5,6) Pola súa banda, no [[Evanxeo de Xoán]] fálase de Xesús como o fillo de Xosé, porén, como un xeito de desacreditar a súa posición, os seus rivais dialécticos lle replican que eles non son "fillos da prostitución" (a expresión en grego é ''porneia'') (Xn. 8,41).
[[Ficheiro:San Xosé de Gambino.jpg|miniatura|250px|dereita|San Xosé de [[Gambino]] na igrexa da Nosa Señora dos Remedios en Santiago de Compostela]]
Liña 57:
Dos outros fillos Simón e Xosé, nada se sabe, pero si da descendencia de Xudas, a quen o emperador [[Domiciano]] fixo comparecer no seu intento por extirpar todo atisbo de movemento revolucionario xudeu. Estes descendentes (bisnetos de Xosé e sobriños netos de Xesús) foron despedidos sen cargos como uns inofensivos aldeás nazarenos<ref>Eusebio de Cesarea, Historia Eclesiástica 3:20, 1-6)</ref>. Xulio o Africano, nunha data tan avanzada como o século III fala de que en Nazareth aínda ficaban habitantes que se dicían familiares do "mestre"<ref>Geza Vermes, ''El Nacimiento de Jesús, opus cit''. pax. 66,</ref>. Isto nun clima hostil contra os cristiáns tanto dentro do xudaísmo como por parte do [[Imperio Romano]].
 
== Veneración ==
Segundo uns antigos calendarios [[copto]]s a data do 20 de xullo estaba adicada a San Xosé. Menoloxios gregos a sitúan nunha data próxima ao [[Nadal]]. Na Idade Media en Occidente figuras carismáticas como [[Bernardo de Claraval]] ou intelectuais como [[Tomás de Aquino]] contribúen a espallar a súa devoción entre o pobo cristián.
 
O Papa [[Sisto IV]] introduciu no calendario romano a festa de San Xosé o 19 de marzo e [[Gregorio XV]] en [[1621]] declararaa festa de precepto. En [[1847]], [[Pío IX]] proclamou ao patriarca San Xosé patrono de toda a Igrexa. O 1 de maio a Igrexa católica celebra a festa de San Xosé obreiro, recoñecéndoo como patrón da clase traballadora.
 
== Personalidade e significación ==
A personalidade de Xosé debeu deixar unha fonda pegada na sensibilidade relixiosa e afectiva de Xesús, tal como afirman incluso autores non cristiáns<ref>Klausner, Joseph, ''opus cit'' pax. 295</ref>. Cando este quere expresar a súa íntima unión coa divindade, chama a Deus ''Abba'', expresión familiar aramea que significa Pai <ref>Joachim Jeremias, ''Abba, el mensaje central del Nuevo Testamento,'' Salamanca 1993</ref>. Para Xesús Deus era como o seu pai postergando outras denominacións máis frecuentes na tradición profética (esposo, por exemplo) e xudía (o ''adonai'' innomeable). Esta concepción de proximidade dun Deus que antes que nada é Pai, resultou ser unha das innovacións máis escandalosas da predicación de Xesús e unha marca distintiva do cristián, a xulgar polas cartas de [[Paulo de Tarso]], que non se atreve a traducir a expresión aramea cando el escribía en grego (por exemplo en Rom. 8, 14-16). Ao igual que acontece co Evanxeo de Marcos, que deixa a palabra aramea sen traducir ao grego na escena da agonía no Monte das Oliveiras (Mc 14, 36). A paternidade humana de Xosé abriu en Xesús un novo modo preferencial de entender a relación con Deus.
 
Liña 72:
</gallery>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
Liña 82:
[[bo:སྐྱེས་ཆེན་དམ་པ་ཡོ་སེབ།]]
[[br:Jozef (Testamant Nevez)]]
[[bs:Sveti Josip]]
[[ca:Josep de Natzaret]]
[[ceb:José sa Nazaret]]