Prismas de xeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: sv:Snö#Isnålar; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:050207diamond dust2 Tsukuba Japan.gif|miniatura|300px|Prismas de xeo (sinalados cun marcador vermello) en [[Tsukuba]], [[Xapón]], ocorrendo a unha temperatura de -2º °C, o que dá idea do nivel de polución do aire]]
Os '''prismas de xeo''' son un tipo de [[Precipitación (meteoroloxía)|precipitación]] consistente en finísimos cristais de [[xeo]] en forma de agullas ou columnas moi tenues que dan a sensación de estaren en suspensión na atmosfera. Son doados de observaren no [[Ártico]] e na [[Antártida]], mais poden ocorrer en calquera lugar.
 
Para a súa formación, ademais dunha [[temperatura]] por embaixo dos cero graos centígrados, é precisa a existencia dunha [[inversión térmica]] na cal a capa superficial de aire se mesture cunha capa de aire máis quente situada por riba dela. Como o aire quente contén máis cantidade neta de [[vapor de auga]] que a fría, vai producirse un trasvase deste cara a superficie, aumentando a súa [[humidade relativa]]. Se o aumento é abondo pódense formar os cristais de xeo.
 
Porén, a temperaturas entre os 0º °C e os -39º °C, este exceso de humidade pode dar lugar máis comunmente a [[néboa]] que a prismas de xeo. Isto é debido a que moitas das pingas de auga poden permanecer aínda líquidas nun estado coñecido co nome de sobrearrefriamento. Neste sentido, a contaminación, natural ou artificial, axuda á conxelación das pingas de auga ao crear [[núcleo de condensación|núcleos de condensación]], pero en áreas moi limpas poden permanecer líquidas moitas pingas ata os -39º °C. Polo xeral, os prismas de xeo empezan a ser visibles a -10º °C en áreas cun certo nivel de polución, e a partir de -25º °C naqueles puntos especialmente limpos coma o interior da Antártida.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Xeo]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.rumtor.com/hidrotexto.html#nieve Descrición dos principais hidrometeoros] {{es}}
 
Liña 18:
[[en:Diamond dust]]
[[es:Prismas de hielo]]
[[fi:Jääneulanen]]
[[fr:Cristal de glace]]
[[id:Debu berlian]]
Liña 25 ⟶ 26:
[[pt:Pó de diamante]]
[[sl:Ledene iglice]]
[[sv:Snö#Isnålar]]
[[zh:钻石尘]]
[[fi:Jääneulanen]]