Literatura medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 23:
 
[[Ficheiro:Martim Codax Cantigas de Amigo.jpg|miniatura|200px|O [[pergamiño Vindel]] posúe letra e música das cantigas de [[Martín Codax]].]]
Ademais dos poemas épicos típicos da tradición alemá, como o ''[[Beowulf (poema)|Beowulf]]'' oo o ''[[Cantar dos nibelungos]]'', outros poemas épicos incluídos dentro dos ''[[cantar de xesta|cantares de xesta]]'' como o ''[[Cantar de Rolando]]'' e o ''[[Digenis Acritas]]'', que tratan sobre a [[Materia de Francia]] e as cancións acríticas respectivamente, e os amoríos corteses á maneira da cortesía [[Romance (poesía)|romance]], que tratan sobre a [[Materia de Bretaña]] e a [[Materia de Roma]], lograron alcanzar unha gran popularidade. O ''romance cortés'' non se distingue unicamente dos ''cantares de xesta'' polos temas tratados, senón tamén pola súa énfase no amor e no código de honor da [[cabalaría]], en lugar de se centrar en accións de [[guerra]].
 
Tamén se poden encontrar neste período poesías políticas, especialmente a finais da Idade Media, escritas tanto por cregos como por escritores laicos, que utilizaban a forma do [[Literatura goliardesca|goliárdico]]. A literatura de viaxe tamén foi moi popular nesta época, co obxectivo de entreteren a sociedade con historias de fabulosas terras máos alá das fronteiras que a maioría das persoas nunca cruzaran. Cabe salientar a importancia das [[peregrinación]]s nesta época, especialmente a [[Santiago de Compostela]], fonte de fábulas e historias influídas pola prominencia dos [[Contos de Canterbury]] de [[Geoffrey Chaucer]].