Terceiro Estado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ligazóns
m →‎Representación: cambio lgz.
Liña 14:
Os parlamentos, estados xerais ou cortes de distintos países europeos na Baixa Idade Media mantiveron a representación política do terceiro estado. A pesar de ser o sector maioritario carecían de dereitos e estaban supeditados ás decisións do monarca e do resto de estamentos. A relación entre terceiro estado e [[monarquías autoritarias]] que se forman a partir da [[crise do século XIV|crise feudal]] foi obxecto de debate historiográfico, no sentido de se se apoiaron mutuamente ou a monarquía operou máis ben como [[superestrutura]] dos intereses privilexiados.Perry Anderson ''O estado absoluto''
 
Nos reinos cristiáns da Península Ibérica, a representación política do Terceiro Estado nas [[Cortes Xeraisde Castela|Cortes]] limitábase ás ''cidades con voto en Cortes'' (dezasete nas [[Cortes de Castela e León]]), e dentro delas ao [[patriciado urbano]] que as controlaba, en moitas ocasións membros da nobreza ou burgueses ennobrecidos. A función principal era a concesión e repartición dos impostos, dado que as cidades libres son o principal compoñente do [[Reguengo (propiedade)|reguengo]] (terras suxeitas á xurisdición do rei , sendo o resto [[señorío]] laico ou eclesiástico), comportándose as cidades como un señorío colectivo sobre o territorio que dependía delas (terra ou [[alfoz]]). Os estamentos privilexiados deixaron de ser convocados a cortes, que na Idade Moderna quedaron reducidas tan só aos procuradores das cidades. Nos reinos da [[Coroa de Aragón]], en que a monarquía estaba sometida a un réxime [[pactista]], as cortes tiñan moitas máis atribucións e poder efectivo, ata a súa supresión no século XVIII. As escasas convocatorias que se producen neste século serán conxuntas. As [[Cortes de Cádiz]] de [[1812]] responden xa a unha dinámica revolucionaria que abre a Idade Contemporánea.
 
== O Terceiro Estado e a Revolución ==