Diferenzas entre revisións de «FerroAtlántica»

m
sen resumo de edición
(edición)
m
 
{{Compañía
| nome_compañía = FerroAtlántica S.A.
| pé_imaxe =
| tipo_compañía = [[Sociedade Anónima]]
| fundación = [[1903]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/12/19/0003_8918535.htm "Un paseo completo desde Carburos hasta Ferroatlántica."], ''[[La Voz de Galicia]]''.</ref>
]</ref>
| matriz = Grupo Villar Mir
| localización = Paseo de la Castellana, 259-D Plantas 45 y 49, 28046 Madrid
}}
 
'''FerroAtlántica''' é unha empresa galega con sede en Madrid, no edificio [[Torre Espacio]]. A empresa é o primeiro produtor mundial de silicio metal e de ferroaleacións co 15% do mercado mundial. Ten15 fábricas (6 en Francia, 5 en España, 2 en Sudáfrica, unha en Venezuela e outra en China). A capacidade de produción total é de 300.000 toneladas ao ano<ref>[http://www.expansion.com/agencia/efe/2012/06/03/17314926.html Ferroatlántica analiza invertir 400 millones para fabricar silicio en Canadá. Expansión]</ref>.
 
==Historia==
[[FileFicheiro:Polígono industrial de Sabón, Oseiro, Arteixo.jpg|miniatura|En primeiro termo a fábrica de FerroAtlántica en Sabón.]]
A historia da empresa iníciase co aproveitamento eléctrico do río Xallas o 17 de outubro de 1910. O Goberno Civil da Coruña outorga unha concesión a [[Francisco del Campo Lacalle]] para un aproveitamento eléctrico no Xallas cun caudal máximo de 6.000 litros por segundo e un salto de 19,13 metros<ref>[http://elpais.com/diario/2010/12/15/galicia/1292411894_850215.html "Medio Ambiente admite que Fraga dio un permiso irregular a Villar Mir."], ''[[El País]]''.</ref>. A empresa medrou mercando concesións, fábricas e canteiras. En 1992 compra a División de Ferroaleacións do Grupo Carburos Metálicos, constituíndose o 4 de decembro de ese mesmo ano a sociedade FerroAtlántica, no ano 2007 constitúese o Grupo FerroAtlántica<ref>[http://www.ferroatlantica.es/index.php/es/historia Historia de FerroAtlántica]</ref>.
 
FerroAtlántica ten actualmente tres fábricas en Galiza e seis centrais hidroeléctricas. Dúas das fábrias están na [[Costa da Morte]], [[provincia da Coruña]], nos concellos de [[Cee]] e [[Dumbría]]. A outra das fábricas está no Polígono Industrial de Sabón, [[Arteixo]].
 
Cinco das centrais hidroeléctricas están situadas na cunca do río Xallas (Dumbría) e unha na cunca do río Grande do Porto (Vimianzo). A enerxía eléctrica consómese nas fábricas do grupo vendendo o excedente.
 
O mineral de cuarzo obtense de canteiras propiedade do grupo como a de Serrabal entre [[Vedra]] e [[Boqueixón]].
 
En 2007 a empresa abriu as comportas da presa da Fervenza deixando o río Xallas e o encoro sen auga causando a morte de milleiros de peixes. Ferroatlántica foi condeada ao pago de 305.954 euros e dous directivos a multas de 4.320 euros, segundo sentenza firme do Xuzgado do Penal número seis da Coruña. O fallo condenou en novembro de 2011 á empresa de Juan Miguel Villar Mir a abonar 265.954 euros á Xunta e outros 40.000 a partes iguais entre a Federación Galega de Pesca e Salmo Club de Pesca Deportiva<ref>[http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/14/galicia/1337024905_919087.html "Hernández usa una multa a Ferroatlántica para recuperar el Xallas."], ''El País]''.</ref>.
 
A empresa ten certificacións [[ISO 9001]] así como certificación OSHAS. Todas elas tamén adheridas ao Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). Certificación [[ISO 14001]], do Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). A empresa temén cumpre o reglamento REACH (Registration, Evaluation, Authorization and Restriction of Chemicals Substances).
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
==Véxase tamén==
29.647

edicións