FerroAtlántica: Diferenzas entre revisións

Empresa galega
Contido eliminado Contido engadido
edición inicial
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de outubro de 2012 ás 19:01

Coordenadas: 42°51′43.81″N 8°33′27.70″O / 42.8621694, -8.5576944

FerroAtlántica é unha empresa galega primeiro produtor mundial de silicio metal e de ferroaleacións co 15% do mercado mundial. Ten15 fábricas (6 en Francia, 5 en España, 2 en Sudáfrica, unha en Venezuela e outra en China). A capacidade de produción total é de 300.000 toneladas ao ano[1].

FerroAtlántica S.A.

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1958
MatrizGrupo Villar Mir
LocalizaciónPaseo de la Castellana, 259-D Plantas 45 y 49, 28046 Madrid
Persoas claveJuan Miguel Villar Mir
IndustriaMetal
ProdutosAleacións
Na rede
http://www.gestamp.com/
editar datos en Wikidata ]

Historia

A historia da empresa iníciase co aproveitamento eléctrico do río Xallas o 17 de outubro de 1910. O Goberno Civil da Coruña outorga unha concesión a Francisco del Campo Lacalle para un aproveitamento eléctrico no Xallas cun caudal máximo de 6.000 litros por segundo e un salto de 19,13 metros[2].

FerroAtlántica ten actualmente tres fábricas en Galiza e seis centrais hidroeléctricas. Dúas das fábrias están na Costa da Morte, provincia da Coruña. Están situadas nos concellos de Cee e Dumbría. A outra das fábricas está no Polígono Industrial de Sabón, Arteixo, a 12 Km de A Coruña.

As centrais hidroeléctricas cinco están situadas na cunca do río Xallas (Dumbría) e unha na cunca do río Grande do Porto (Vimianzo). A enerxía eléctrica consómese nas fábricas do grupo vendendo o excedente. O mineral de cuarzo obtense de canteiras propiedade do grupo como a de Serrabal entre Vedra e Boqueixón.

En 2007 a empresa abriu as comportas da presa da Fervenza deixando o río Xallas e o encoro sen auga causando a morte de melleiros de peixes. Ferroatlántica foi condeada ao pago de 305.954 euros e dous directivos a multas de 4.320 euros, segundo sentenza firme do xuzgado do Penal número seis da Coruña. O fallo condenou en novembro de 2011 á empresa de Juan Miguel Villar Mir a abonar 265.954 euros á Xunta e outros 40.000 a partes iguais entre a Federación Galega de Pesca e a Salmo Club de Pesca Deportiva[3].


Produtos

A empresa ten certificacións ISO 9001 así como certificación OSHAS. Todas elas tamén adheridas ao Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). Certificación ISO 14001, do Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System).

Con objeto de hacer frente a las obligaciones que se derivan para cumplir con el reglamento REACH (Registration, Evaluation, Authorization and Restriction of Chemicals Substances)

  • Si Metal
  • SiMn
  • FeMn
  • FeMn Af
  • FeSi
  • Microsílice
  • Pasta Söderberg


Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas