Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Relevancia xeral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
adaptando da páxina homónima da Wikipedia en castelán, publicada baixo licenza CC-BY-SA
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de outubro de 2012 ás 13:09

2. Tema
3. Relevancia
4. Fontes
5. Contido
6. Fin

Se un tema obtivo unha cobertura significativa por parte de fontes fiables independentes, suponse que si satisfai os criterios de inclusión para que conte cun artigo propio na enciclopedia.

Ante todo, Wikipedia é una enciclopedia. Iso significa que, pola súa propia natureza, as entradas de Wikipedia deben de gozar da suficiente relevancia para que sexan consideradas enciclopédicas.

Como saber se é relevante

Para que un tema sexa relevante, ten que ter sido obxecto de varias obras publicadas por fontes fidedignas e independentes ao tema tratado. Tódalas entradas teñen que ter un mínimo de relevancia enciclopédica para que o tema do artigo sexa aceptado en Wikipedia. Este requisito asegura que existe suficiente material dispoñible para redactar un artigo verificable e enciclopédico.

  • As misións do Programa Apollo son relevantes. Por iso, cada misión conta cun artigo de seu.
  • Por outra banda, os personaxes menores (ou secundarios) da serie Dragon Ball non motivan un artigo por separado, debido á pouca relevancia dos mesmos, á escasa información sobre eles e as poucas fontes que poderían achegarse. Por iso, fusiónanse tódolos personaxes secundarios nun artigo único (Lista de personaxes de Dragon Ball).

Lembra que un artigo unicamente está motivado cando o tema sexa de importancia, ou, expresado doutro xeito, a entrada ten que ser de natureza enciclopédica. Entradas a modo de guías, instrucións, manuais, listaxes de ligazóns, memorandos, directorios, anuncios... non son enciclopédicos e poderían ser eliminadas.


Cumpre o artigo os requisitos de relevancia?