Movemento Branco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: sr:Бела гарда
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=outubro de 2012}}
O '''Movemento Branco''', cuxo brazo militar é coñecido como '''Exército Branco''' (Белая Армия) ou '''Garda Branca''' (Белая Гвардия, белогвардейцы) e cuxos membros foron chamados '''brancos''' (Белые, ou despectivamente Беляки) ou '''rusos brancos''' (non confundir coa bebida alcohólica ''ruso branco'' nin cos bielorrusos), abarcou ás forzas contrarrevolucionarias [[Rusia|rusas]] tras a [[Revolución de Outubro]] que loitaron contra o [[Exército Vermello]] (ó igual que o nacionalista [[Exército Verde (Rusia)|Exército Verde]]) durante a [[Guerra Civil Rusa]] desde [[1918]] ata [[1921]].
 
Liña 5 ⟶ 6:
En sentido estrito, non existía ningún «Exército Branco»; sen coordinación central, as forzas brancas nunca foron máis aló dunha feble confederación de grupos contrarrevolucionarios, os cales serviran no exército do tsar Nicolao II e buscaban o retorno da monarquía no Imperio Ruso. A maioría de oficiais que conformaban o núcleo do exército eran excombatentes da [[Primeira Guerra Mundial]] de ideoloxía monárquica, pero outros grupos apoiaban a outras tendencias políticas: demócratas, [[Partido Social-Revolucionario|social-revolucionarios]], [[menxeviques]] e outros opositores da Revolución de Outubro. Noutros tempos e noutras circunstancias, os mesmos grupos apoiarían ó Exército Vermello. Tamén houbo outros grupos, como o Exército Verde e o Exército Negro, que operaban en Ucraína e que se opuñan tanto a vermellos como a brancos. As tropas de base do exército branco incluían tanto a inimigos declarados dos bolxeviques (moitos [[cosaco]]s, por exemplo), defensores da monarquía e campesiños apolíticos recrutados obrigados a loitar. Ás veces, os aliados occidentais da [[Triple Entente]] e forzas estranxeiras intervencionistas proporcionaron importante asistencia ás unidades do exército, xa que o Exército Branco non era máis que unha forza contrarrevolucionaria, sen apoio loxístico de parte do tsar, debido que el mesmo abdicara. Isto levaría a algúns a ver ó Exército Branco como representante dos intereses das potencias rivais.
 
A [[Guerra Civil Rusa]] entre brancos e vermellos duraría ata [[1921]]. O Exército Branco, en colaboración ocasional coas forzas intervencionistas extranxeirasestranxeiras ([[Xapón|xaponesas]], [[Gran Bretaña|británicas]], [[Canadá|canadenses]], [[Francia|francesas]], [[Estados Unidos|estadounidenses]],(…), que aportaron ó Movemento Branco: diñeiro, asesoramento militar, trens acoirazados, e artillería pesada, ademais de recibir por exemplo entre marzo e abril de 1918 un corpo expedicionario aliado para intervir especificamente na Siberia oriental. Os ''brancos'' aguantaron bastante tempo nalgunhas zonas (especialmente no leste de [[Siberia]], [[Ucraína]] e [[Crimea]]) baixo a dirección do autoproclamado Xeneral do Movemento contrarrevolucionario dos Brancos [[Ataman Semiónov]] e o barón [[Roman von Ungern-Sternberg]], tendo considerables baixas humanas. Mais fracasou na unidade ou a cooperación efectiva entre seus corpos, mentres que o Exército Vermello paulatinamente conseguiu vantaxe.
 
A ideoloxía do Movemento Branco estivo en permanente desenvolvemento durante a guerra civil. Os xenerais [[Lavr Georgevich Kornilov|Kornilov]] e [[Anton Ivanovich Denikin|Denikin]] sostiveron certas formas de base ideolóxica pero ningunha era tan concreta ou coherente como a do [[Pyotr Wrangel|xeneral Wrangel]] durante o chamado «experimento de Crimea» en 1920. Foi alí onde Wrangel plantexouexpuxo brevemente o núcleo do «ideal branco», que facía énfase na liberación de Rusia dos bolxeviques e outras forzas «anárquicas», o establecemento dun goberno xusto e honrado, a protección dos fieis das persecucións relixiosas, os dereitos do granxeiro á propiedade da terra e a oportunidade de todos os rusos de elixir un «líder».
 
Tras a fin da guerra civil, os conceptos de Wrangel foron plasmados nunha ideoloxía concreta por pensadores rusos como [[Ivan Ilyin]], baseada principalmente nas ideas dos [[paneslavismo|eslavófilos]].
Liña 18 ⟶ 19:
 
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
* [[Exército de Voluntarios]].
* [[Exército Ruso de Liberación]] e o [[Comité para a Liberación dos Pobos de Rusia]].