Partido Constitucional (España): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
traduzo de es:Partido Constitucional (España)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de outubro de 2012 ás 14:51

O Partido Constitucional foi una agrupación política que estivo activa na España de fins do século XIX.

Historia e características

Formouse en 1871, logo da escisión dos progresistas que seguiu á morte do xeneral Prim. A rama dereita do Partido Progresista e varios escindidos da Unión Liberal organizáronse baixo a xefatura do xeneral Serrano e de Sagasta.

O Partido Constitucional alternou no poder co Partido Radical durante o breve reinado de Amadeo I. Durante o ano 1874, o Partido Constitucional tivo ao seu cargo boa parte da responsabilidade do goberno.

En 1875 o Partido Constitucional dividiuse: os conducidos por Manuel Alonso Martínez ofrecéronlle colaboración a Cánovas na elaboración do texto constitucional, mentres que o resto do partido seguiu defendendo a vixencia da Constitución de 1869, expresión das conquistas liberais do ano anterior.

En 1880, os constitucionais uníronse a algunhas destacadas personalidades políticas e formaron o Partido Liberal Fusionista, baixo o liderado de Sagasta.

Véxase tamén

Ligazóns externas