Lingua escocesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: fa:گیلیک اسکاتلندی
Liña 57:
:A, B, C, D, E, F, G, H, I, L, M, N, O, P, R, S, T, U
 
O letra ''h'', utilizada agora sobre todo para indicar a [[lenición]] dunha [[consoante]], non se empregaba na [[ortografía]] antiga, xa que a lenición se indicaba cun punto sobre a consoante. As letras do alfabeto recibían nomes tradicionais segundo árbores: ''ailm'' ([[olmo]]), ''beith'' ([[bidueiro]]), ''coll'' ([[abelairaabeleira]]), ''dair'' ([[carballo (árbore)|carballo]]), etc., aínda que xa non se fai así.
 
A calidade das consoantes indícase en parte coas [[vogal|vogais]] que as arrodean. As vogais clasifícanse como ''caol'' ("delgadas", ou sexa, ''e'' e ''i'') ou ''leathann'' ("anchas", ou sexa, ''a'', ''o'' e ''u''). A regra ortográfica é ''caol ri caol is leathann ri leathann'' ("delgada a delgada e ancha a ancha"). As consoantes delgadas [[palatalización|palatalízanse]], encanto que as anchas [[velarización|velarízanse]]. Debido a esta regra ortográfica, un grupo consonántico interior débese rodear de vogais da mesma calidade para indicar a súa pronunciación sen ambigüidade, dado que algunhas consoantes mudan a súa pronunciación dependendo de se rodean con vogais anchas ou delgadas. Por exemplo, o ''t'' de ''slàinte'' ([slaːntʃə]) co ''t'' de ''bàta'' ([paːtə]). Esta regra non afecta a pronunciación das vogais. Por exemplo, os plurais en gaélico fórmanse habitualmente co sufixo ''an'': ''bròg'', [proːk] ("zapato")/''brògan'', [proːkən] (zapatos). Mais, debido á regra ortográfico, o sufixo escríbese ''-ean'' (ainda que pronunciado igual) após unha consoante delgada, como en ''taigh'', [tʰɤj] ("casa")/''taighean'', [tʰɤjən] ("casas").