Ensaio (rugby): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
 
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
O '''ensaio''' é o principal xeito de anotación de puntos nos diversos códigos de rugby ([[rugby union]], [[rugby league]] e [[rugby a 7]]). Para que un xogador acade un ensaio ten que pousar o balón co seu corpo sobre a zona de marca do equipo rival. Para que sexa válido, o xogador non pode ter ningunha parte do seu corpo fora do recinto de xogo.
 
Trala consecución dun ensaio, o equipo anotador ten dereito a unha tentativa de transformación ou conversión, que consiste nunha patada a paospaus. Esta patada pode realizarse dende calquera distancia na perpendicular do punto no que se acadou o ensaio.
 
O termo inglés ''"Try"'' ten a súa orixe no regulamento primitivo do ''rugby football'' do século XIX. Daquela o rugby consistía en acadar ''goals''. O equipo atacante procuraba chegar á zona de marca rival para pousar o balón no chan, o cal non tiña valor por si mesmo, senón que daba dereito a patear o balón entre os paospaus do rival para anotar un ''goal'', que si subía ó taboleiro, cun valor de 1 punto. Deste xeito, cando se pousaba o balón na zona de marca rival, o que se acadaba era un ''try at goal'', é dicir, un "intento de anotación". Ese ''"try"'' foi traducido ó francés como ''"essai"'', o ''"essai"'' foi traducido ó castelán como ''"ensayo"'', e ese ''"ensayo"'' foi traducido ó galego como "ensaio".
 
==Valor==