Batalla do Monte Blair: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A '''Batalla do Monte Blair''' (en inglés: ''Blair Mountain Battle'') foi unha das maiores revoltas da historia do Estados Unidos de América e a maior rebelión armada que t..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de outubro de 2012 ás 10:11

A Batalla do Monte Blair (en inglés: Blair Mountain Battle) foi unha das maiores revoltas da historia do Estados Unidos de América e a maior rebelión armada que ten habido alá desde a Guerra Civil Americana.[1]

Durante cinco días, a finais do verao de 1921, preto de 10.000 mineiros do carbón e 3.000 Logan Defenders (policías e fura-folgas) apoiados pola patronal das minas enfrontáronse no condado de Logan en Virginia Occidenta. A insurrección tiña a súa orixe no intento dos traballadores de crear sindicatos en tódalas minas do suroeste do estado.

A Batalla rematou cando entrou en acción o exército dos EUA, enviado por orde presidencial, e non antes de que se tiveran disparado en torno a un millón de balas.[2]

Como resultado das protestas os mineiros viron reducidos os seus dereitos laborais ata os anos trinta en que o Goberno Federal dos EUA lles recoñecerá o dereito de sindicación.

Referencias

  1. Chuck Kinder, Last Mountain Dancer: Hard-Earned Lessons in Love, Loss, and Honky-Tonk, Da Capo Press, 2005, page 149
  2. Ayers, Rothrock and King 2007