Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Praga»

#{{Concordo}}. Desde que se abriu a votación, amañáronse moitas das cousas mellorables que lle vía. --[[Usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:90%;color:maroon;text-shadow:peru 1px 1px 1px;">. '''''HombreDHojalata'''''</span>.]]<sup>[[Conversa usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:86%;color:brown;">conversa</span>]]</sup> 10:01, 14 de outubro de 2012 (UTC)
#{{Concordo}}. Falta algunha cousiña menor que se solucionará, pero para mín xa cumple con creces.--[[Usuario:Adorian|Adorian]] <sup>([[Conversa Usuario:Adorian|fálame]])</sup> 10:23, 17 de outubro de 2012 (UTC)
#{{Concordo}}.--[[User:Hugo22|Hugo22]] 09:31, 26 de outubro de 2012 (UTC)
 
;En contra
:O apartado de transporte eu dividiríao con outra clasificación para que non quede un apartado con catro parágrafos e outros con unha liña. Así nunha primeira ollada por exemplo un para transporte aéreo e outro para transporte público terrestre.
 
:Outra cousa, que ao mellor é só manía miña, é que non me gustangustar textos compostos por parágrafos de unha ou dúas liñas tan só (o de Economía por exemplo). Nos temas que esteades de acordo a ver se entre todos podemos melloralo.--[[Usuario:Adorian|Adorian]] <sup>([[Conversa Usuario:Adorian|fálame]])</sup> 10:49, 4 de outubro de 2012 (UTC)
 
{{Comentario}}. Incredulidade, eso é todo o que podo sentir. Podo entender, e de feito comparto, os puntos 5 e 6 (o 4 o comparto por alixeirar a sección de notas con referencias repetidas), mais o feito de xulgar a calidade dun artigo por se as referencias teñen todas un mesmo modelo me parece, con tódolos respetos, unha estupidez, así como xulgalo por calquera aspecto méramente técnico que non afecte á información. Por outra banda, HombreDHojalata, o artigo propúxose o día 1 deste mes e 5 días máis tarde votas á contra (eu dende logo non te vou dicir cándo e qué tes que votar), votas á contra logo de poñer unha listaxe de erros (no terceiro día de votación) que se estanestar a arranxar por varios usuarios (entre eles eu), o dito, 5 días máis tardes inclúes dous puntos máis a mellorar e logo de incluir o punto 8 votas á contra NO MESMO MINUTO... Digo eu que haberá que deixar tempo para que os usuarios que estamos a traballar no artigo podamos solucionar as eivas que lle ves! Penso tamén que seis días son poucos para saber que un artigo non vai chegar a ser de calidade ao final da votación, polo que vos recomento (HombreDHojalata e Xoacas) que fagades as vosas observacións e recomendacións (sempre ben acollidas, alo menos por min) e deixedes tempo aos que estamos traballando na ampliación e mellora do artigo para solucionar os fallos, ou que mesmo se queredes os vaiades solucionando vos (se tendes tempo e interese en que saia, claro), eso é que fago eu (no caso de [[Valentín Paz-Andrade]] por exemplo expuxen as eivas que lle vin -algunhas por certo máis graves que as que se expoñen aquí como a de incluír a Restauración Borbónica que si influían na información (errónea) e que felizmente se solucionaron- e foron solucionadas en boa parte, quedaron outras menores e procedín a votar neutro, xa que non considerei que foranforar tan relevantes para retirarlle o honor de ser de calidade; no caso do artigo da [[vaca]], seguín a evolución do historial de edicións unha vez expostas as miñas observacións, como estas foron ignoradas por completo eu optei por facer o propio coa votación e non emitín ningún tipo de voto), sinceiramente paréceme moito máis honesto, ético e xusto para cos compañeir@s que estan a traballar no artigo coa única intención de que a Galipedia medre. A min gústame que me argumenten as cousas, polo que invito a Xoacas que expoña as eivas tan grandes que ve para que non se podan solucionar neste tempo e tentar entre todos solucionalas. Paréceme que os criterios para que un artigo sexa de calidade nesta wiki son desproporcionados e que non se empregan os mesmos criterios para tódolos artigos (de onde sacas a información da primeira referencia do artigo [[Caso do metílico]]?, ou a 6ª do mesmo? ou a 14ª, 20ª, 22ª, 25ª...?), se somos estrictos o somos para todos! Sinceiramente non creo que desmereza respecto do artigo de [[Lugo]] (opinión persoal), cando se solucione o tema das ligazóns mortas (tema que si que é realmente importante porque si pode influir na información) e o apartado de bibliografía mesmo creo que o pode superar ampliando algún que outro apartado (persoal tamén).
 
Penso que é moi positivo levar artigos de calidade á portada, xa que opino que eso lle pode "dar caché", por dicilo dalgún xeito. Así tamén considero que é primordial que o traballo da Galipedia deixe de centrarse en Galiza e mire por medrar en artigos non relacionados con Galiza, xa que este xeito é o único para que a Galipedia sexa considerada como unha fonte real para estudantes (por poñer un exemplo) que queren informarse sobre o [[xenocidio armenio]] (outro gran artigo que podería tentar mellorarse para que obtivera o galardón), a [[II Guerra Mundial]], [[Nelson Mandela]]... ou calquer outro artigo de relevancia universal en lugar de ir á wiki en castelán e convencerse de que o galego só vale para Galiza; esto non implica descoidar a calidade de artigos relacionados directa ou indirectamente co país e que por suposto deben ser importantísimos nunha enciclopedia en galego. Sempre que hai algún artigo non relacionado con Galiza se poñen moitísimas trabas para a súa elección e nunca saen elixidos na primeira votación, de xeito que polo de agora só temos un artigo de calidade que non ten absolutamente nada que ver con Galiza. O dixen moitas veces e o repito, non creo que a Galipedia deba ser unha enciclopedia sobre Galiza, debe ser unha enciclopedia universal en galego.
15.286

edicións