Toponimia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: uz:Toponimika
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 15:
O desenvolvemento científico dos estudos toponímicos aparece no século XVIII. Na Galiza [[Martín Sarmiento]] é o primeiro que aplica o método filolóxico e comparativo non só na lingua galega en xeral, senón tamén á toponimia e antroponimia.
 
Mais houbo que esperar ata finais do XIX para que o desenvolvemento da lingüística impulsara paralelamente a [[onomástica]] como unha póla propia. En diversos países europeos algúns lingüistas son considerados os abandeirados do establecemento da toponimia. Deben destacarse en Francia [[Marie Henri d'Arbois de Jubainville|D'Arbois de Jubainville]], [[Auguste Longnon]], [[Albert Dauzat]]; na Alemaña H. Groehler, E. Gamillscheg, [[Gerhard Rohlfs]]; en Italia V. Bertoldi. En Bélxica Carnoy, [[Auguste Vincent]]. Na Suiza, Hubschmied e [[Paul Aebischer]]. En Portugal, como en tantas outras cousas, o pioneiro foi [[José Leite de Vasconcelos]]. Alguns deles emprestaron tamén atención á Península Ibérica, na que destacan a [[Ramón Menéndez Pidal]], [[Antonio Tovar]], [[Johannes Hubschmid]], [[Joan Coromines i Vigneaux]] ([[JuanJoan Corominas]]), [[Antoni Badia i Margarit]], [[Manuel Alvar]], A. Griera, ou [[Luis Michelena]]. Varias revistas especializadas aglutinaran as investigacións onomásticas, das que compre destacar ''[[Onoma]]'', un boletín bibliográfico creado en 1950, en [[Lovaina]].
 
Tamén en América se desenvolveran no entretanto as investigacións toponímicas. En Canadá destacou [[Robert Douglas]]. Nos Estados Unidos cómpre salientar a [[Robert L. Ramsay]] como fundador de toda unha escola onomástica. Os esforzos canalizaronse a través da revista ''[[Names]]'', desde 1953, vinculada á [[Universidade de Berkley]]. Non faltan tampouco toponimistas en Latinoamérica: [[Ricardo L.J. Nardi]] na Arxentina ou [[Bernardo Pedral Sampaio]] no Brasil.