O Señor dos Aneis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 39:
A novela como tal fora encargada por [[George Unwin]], que desexaba aproveitar o éxito que tivera ''[[O Hobbit]]''. Porén, ''O Señor dos Aneis'' defraudou nun principio os editores, que agardaban unha novela "máis para nenos", ao estilo do propio ''Hobbit'' e encontráronse cunha composición de máis de mil páxinas nun estilo moito máis adulto, que non era o que encargaran, e dubidaban do seu éxito, e ademais a súa publicación sería moito máis cara. Crese que foi idea dos editores dividir a novela en tres libros para abaratar os custos da súa publicación e avaliar a acollida polo público. A comezos dos anos 50 había unha gran carestía de papel como consecuencia do período de posguerra. O mesmo Tolkien nunca estivo moi de acordo con esta decisión, e, en particular, sempre criticou o título do terceiro libro (''O Regreso do Rei''), que, segundo el, anticipaba o desenlace da novela.
 
[[Ficheiro:Nazgûl mirando el crepúsculo.jpg|miniatura|240px|UnoUn dos [[Nazgûl]] de a cabalo, mirando o [[solpor]] desde unnun outeiro.]]
A novela divídese entón en tres partes, que acostuman publicarse por separado, e un libro de apéndices:
* ''A Irmandade do Anel'': Presenta o conflito básico da historia, explicando quen son os hobbits, personaxes esenciais no enredo, e reúne os protagonistas. O nome foi evidente, pois Tolkien mesmo o anticipa na novela tras o Consello de Elrond no que se xuntan todos os protagonistas principais.