Loucura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
Atopáronse achados [[Arqueoloxía|arqueolóxicos]] entre os que figuran anacos de oso sobre os que foron practicadas operacións de [[trepanación]]. Xeralmente acéptase que se sitúan entre o [[Neolítico]] e o [[Idade do Bronce|Bronce]] antigo. A carencia de fontes documentais obriga a manter a súa interpretación nun nivel de hipótese, entre as cales a máis aceptada será que se trataba de intervencións encamiñadas a poñer remedio á loucura dun paciente, ainda que se admite que poderían ter un certo valor ritual ou mesmo máxico. Chama a atención o elevado grado de perfección técnica na súa execución, que permitiría a supervivencia da persoa á que se lle practicaban estas trepanacións, e incluso a existencia de [[craneo]]s con trepanacións sucesivas e non simultaneas. O achado de numerosas trepanacións ''post mortem'' confirmaría o seu caracter máxico ou ritual<ref name= domenech>DOMÈNECH, E. ''[https://docs.google.com/viewer?a=v&q=cache:fPedXpuQ7ZUJ:www.ramc.cat/publicacions/45-Historia%2520psicopatologia.pdf+&hl=gl&gl=es&pid=bl&srcid=ADGEESh5xGYyiAOFze4Pot7lgjo8hCxXTSBMoY6_VFVpoVmeihvy8IbM2IYXj2_x4uTivmoihvSPZNPwA9dKWnpvTsL6vbdXGTRFZgVxI0Q53o-9ZZJMcMQwZfMKthaUA7FQO0R_4qiJ&sig=AHIEtbS5WxTePvAcuPAmKZUnhWA32bjDwA Introducción a la historia de la psicopatología]''. Universidade de Barcelona, 1991. {{es}}</ref>.
 
Nas culturas [[Grecia antiga|grega]] e [[Roma Antiga|romana]] o concepto de loucura estivo emparentado cos de responsabilidade e culpabilidade en relación ca ''polis''. No [[Antigüidade clásica|mundo clásico]] distinguíase entre loucura mala e boa. A loucura mala é un escándalo que hai que deter, nela o tolo é aquel que perdeu a razón, volvéndose outra persoa. Esta loucura toma dúas formas: a da ''insania'', na cal o individuo mantiña o cumprimento dos seus deberes sociais, e a do ''furor'', que esixía a súa cura<ref name= gil>GIL, D. ''[http://books.google.es/books?id=4-U3mt2J8LsC&printsec=frontcover&num=100#v=onepage&q&f=false Escritos sobre locura y cultura]''. Ediciones Trilce, 2007. {{es}}</ref>. En tempos de Hipócrates as perturbcións mentais non se consideraban doenzas, ainda que a mitoloxía grega abonda en exemplos de loucura. Na tradición homérica o home enfermaba mentalmente porque os deuses lle quitaban o espíritu, de aí que en Grecia os tolos fosen trtados por sacerdotes por edio de cerimonias relixiosas. Platón defendía que existen dúas clases de insania: a loucura e a ignorancia; e dúas clases de loucura ou manía: unha era resultado da enfermedade e a outra a loucura celestial, que consideraba un don dos deuses e na que vía cualidades proféticas. O delirio dos profetasé producido por Apolo, o dos ''iniciados'' por Dionisio, o dos poetas polas musas e o dos amantes por Afrodita e Eros<ref name= capponi>CAPPONI, R. ''[http://adisamef.com/fondo%20documental/libros_digitales_salud_mental/26_psicopatologia_y_semiologia_psiquiatrica_ricardo_capponi.pdf Psicopatología y semiología psiquiátrica]''. [http://adisamef.com Asociación para la Docencia e Investigación en Salud Mental de Eivissa y Formentera]. {{es}}</ref>.
 
Durante a [[Idade Media]] os tolos eran atendidos polas súas [[Familia (socioloxía)|familias]] ou vagaban sen residencia estable. Ata o [[século XIV]] non apareceron os primeiros establecementos de reclusión, que permitiron unha radicalización do sistema de exclusión baseado na separación entre razón e loucura<ref name= gil></ref>.