Diferenzas entre revisións de «Lance Armstrong»

m
r2.7.3) (Bot: Engado: war:Lance Armstrong; cambios estética
m (r2.7.3) (Bot: Engado: war:Lance Armstrong; cambios estética)
Fóra do ciclismo, é coñecido tamén por ter creado a ''Fundación Lance Armstrong'' para apoio ós enfermos de cancro. Unha das iniciativas máis famosas desta fundación foron as pulseiras amarelas ''Livestrong'', coas que obtiveron decenas de millóns de dólares que destinaron á loita contra a enfermidade.
 
== Traxectoria ==
=== Comezos ===
Armstrong comezou a competir xa á idade de 14 anos como [[tríatlon|triatleta]], pero pronto fíxose evidente que o seu destino estaba no ciclismo. Con só 17 anos, foi invitado polo Equipo Ciclista Xuvenil dos EEUU, co que abandonou a súa cidade natal.
 
Entre [[1993]] e [[1995]], Armstrong gañou varias etapas no Tour de Francia e varias carreiras de un só día. Pero [[1996]] foi un ano de verdadeiros fracasos para el, tanto no Tour coma nos [[Xogos Olímpicos]].
[[Ficheiro:Lance-Armstrong-TdF2004.jpg|miniatura|esquerda|Armstrong no Tour de 2004]]
=== Cancro ===
O [[2 de outubro]] de [[1996]], diagnosticáronlle tres cancros nos testículos que xa crearan [[metástase]], estendéndose cara ós [[Pulmón|pulmóns]] e o [[Cerebro|cerebro]]. As súas probabilidades de supervivencia eran inferiores ó corenta por cento (algo que posteriormente desmentiron os propios doutores, pois non ascendían a máis do 3%).
 
Como consecuencia desta enfermidade, a Armstrong houbéronlle de extirpa-lo testículo dereito, solucionar dúas lesións cerebrais e someter a un tratamento de [[quimioterapia]]. Este último foi máis suave do habitual para permitir unha eventual continuación da súa carreira ciclista en caso de recuperación.
 
E esta produciuse cedo. Armstrong volveu ó ciclismo co equipo ciclista [[United States Postal Service]] e quedou de cuarto na [[Vuelta a España]] no ano [[1998]].
=== Éxito ===
En [[1999]], Armstrong gaña o seu primeiro Tour de Francia. A este seguíronlle seis trunfos máis, na maior parte dos cales superou en máis de seis minutos ó segundo. Só en [[2003]] correu un verdadeiro risco, pois [[Jan Ullrich]] ameazou a súa vitoria ata o último momento (de feito, ó final a diferenza entre ambos era escasamente superior ó minuto).
 
== Motivos do seu éxito ==
=== Firme metodoloxía de adestramento ===
Lance Armstrong é especialmente coñecido por terse centrado todo o ano no Tour de Francia, levando a cabo continuos adestramentos non só en Estados Unidos senón tamén en España ou nos escenarios da carreira en Francia.
 
=== Forma de correr e características físicas ===
Armstrong ten un corpo especialmente adecuado para a práctica do ciclismo. O seu elevadísimo nivel de resistencia aeróbica permitiulle manter unha cadencia próxima ás 120 pedaladas por minuto. Isto dá lugar a que a súa velocidade se deba ó número de pedaladas e non á forza que lle imprime a cada unha, co que consegue mellores resultados con menor fatiga ca outros campións coma, por exemplo, [[Miguel Indurain]].
[[Ficheiro:Basso Armstrong Tourmalet 2004.jpg|miniatura|200px|Armstrong con [[Iván Basso]]]]
O corazón de Armstrong é un 30% máis grande cá media; cando está en repouso, dá entre 32 e 34 latidos por minuto; nun momento de máximo esforzo, pode chegar ás 201 pulsacións por minuto. A súa acumulación de [[ácido láctico]] é de 6μL/Kg (cando o normal entre ciclistas é situarse entre 12 e 20). Como resultado disto, Armstrong sente menos fatiga tras un exercicio prolongado.
 
=== O seu equipo ===
Un dos factores máis importantes dentro do éxito de Armstrong é o seu equipo. Por un lado, Johan Bruyneel, o seu director, organizou tódalas preparacións do ciclista de cara ó Tour de Francia e axudouno durante as súas sete vitorias. Por outro, os demais corredores do equipo adícanse unicamente á súa vitoria e supuxeron, ó longo dos sete Tours de Armstrong, un grande apoio para el.
 
=== Dúbidas sobre dopaxe ===
Armstrong, como ciclista, non se librou de numerosas acusacións de [[dopaxe]]. El sempre afirmou que era o atleta ó que máis controis se lle facían e dixo que as acusacións non se debían máis que a envexa polos seus trunfos.
 
A Armstrong nunca se lle atoparon substancias dopantes en ningún control de ningunha carreira ciclista. Só en 1999 os seus niveis dunha destas substancias superaban o normal, pero non eran suficientes para formalizar unha acusación. En 2005, o periódico francés ''L'Équipe'' dixo basearse en probas da [[Unión Ciclista Internacional]] para afirmar que Armstrong se dopaba; como resposta, este decidiu volver ó ciclismo (xa pretendera retirarse en 2005) e correr o Tour de 2006 para "fastidiar os franceses".
 
== Mulleres e fillos ==
Lance Armstrong casou con Kristin Richard en [[maio]] de [[1998]] e tiveron tres fillos: Luke (nado en [[outubro]] de [[1999]]) e as xemelgas Isabelle e Grace (nadas en [[novembro]] de [[2001]]). En [[setembro]] de [[2003]], divorciouse.
 
Despois disto, Armstrong tivo un romance con [[Sheryl Crow]]. A súa relación anunciouse en [[xaneiro]] de [[2004]]; o seu compromiso, en [[setembro]] de [[2005]]; a súa ruptura, en [[febreiro]] de [[2006]].
 
== Equipos ==
*[[1991]]-1992: Equipo nacional dos Estados Unidos
*[[1992]]-[[1996]]: Motorola
*[[2010]]: Team RadioShack
Fonte <ref>[http://www.cqranking.com/men/asp/gen/rider.asp?riderid=7 Lance Armstrong en cqranking.com] {{en}}</ref>
== Palmarés ==
;1992
:First Union Grand Prix
:[[Tour de Francia]] (clas. xeral, 3 etapas, contrarreloxo por equipos)
 
== Notas ==
{{referencias}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Tour de Francia]]
* [[Alberto Contador]]
 
{{Galardoados cos Premios Príncipe de Asturias dos Deportes}}
 
[[Categoría:Ciclistas estadounidenses|Armstrong]]
[[Categoría:Gañadores do Tour de Francia|Armstrong]]
[[vi:Lance Armstrong]]
[[vls:Lance Armstrong]]
[[war:Lance Armstrong]]
[[zh:兰斯·阿姆斯特朗]]
[[zh-min-nan:Lance Armstrong]]
76.253

edicións