Pictos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: hr:Pikti, ro:Picți
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
 
== Sociedade ==
 
As fontes arqueolóxicas proporciónannos evidencias da cultura material dos pictos, onde vemos unha sociedade non moi diferente nin dos seus veciños gaélicos e bretóns nin dos [[anglosaxóns]] do sur. Aínda que pode servir de moito utilizar a analoxía e o coñecemento doutras sociedades "célticas", estas esténdense por unha área moi grande, polo que basearse, por exemplo, nos [[galos]] prerromanos ou na Irlanda do século XIII como fonte para estudar a sociedade picta do século IV pode dar como resultado equivocacións ou malas interpretacións.
 
Como pasa coa maioría dos pobos do norte de Europa na [[Idade Antiga|Antigüidade]], os pictos eran granxeiros que vivían en comunidades pequenas: o gando bovino e os cabalos considerábanse un signo de riqueza e prestixio, tamén había gran número de ovellas e porcos. Os topónimos suxiren que a [[transhumancia]] era común entre eles. Os animais en xeral eran pequenos para os estándares posteriores, aínda que os cabalos de Gran Bretaña exportáronse a Irlanda para cruzalos cos cabalos irlandeses e aumentar a súa medida. De fontes irlandeses chegounos que a elite adoitaba competir na cría do armentío para ter as cabezas de gando de maior tamaño e non hai razón para non pensar que os pictos tamén facían o mesmo.
 
{{Celtas}}
 
[[Categoría:Pobos británicos]]