Linguaxe humana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎Lingua e fala: Competencia (lingüística)
Liña 31:
[[Saussure]], fundador da [[lingüística]] moderna, distinguiu entre os conceptos de lingua e fala e fixo desta dicotomía un dos seus alicerces. No sistema de comunicación que son as linguas naturais, a lingua é o código e a fala é a súa [[actualización]]. A lingua, polo tanto, é unha entidade abstracta.
 
[[Noam Chomsky]] acentuou esta diferenza introducindo os conceptos de [[Competencia (lingüística)|competencia]] e actuación ou realización. Competencia é o coñecemento que todo falante ten dunha lingua; actuación é a posta en práctica dese coñecemento en actos de fala concretos. Para Chomsky a competencia non é abstracta e independente dos individuos senón que depende deles e ten unha orixe xenética.
 
=== Teoría da Información e Lingüística ===