Neorrenacemento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
novo a partir das wikipedias en pt e es
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de outubro de 2012 ás 00:51

O Neorrenacemento ou Neorrenacentismo é unha das correntes principais da arquitectura historicista xurdido no século XIX. Aínda que o estilo se manifestou principalmente na arquitectura, tamén influiu nas artes decorativas. Como indica o seu nome, o estilo retomaba as formas arquitetónicas e decorativas do Renacemento europeo dos séculos XV, XVI e principios do XVII.

Concello de Hamburgo, (Alemaña), edificio neorrenascentista alemán, construido entre 1884 e 1887.

A arquitetura renascentista orixinal caracterizouse por unha gran variedade de formas dependendo da época e do país. De xeito similar, a arquitetura neorrenacentista tivo diversas vertentes con diferentes características nacionais e rexionais, dependendo de que as fontes de inspiración foran o renacemento italiano, francés, xermánico, inglés, ou outro. Debido a eso é difícil definir características común do estilo, podéndose considerar que existen varios estilos neorrenacentistas.

Outro fator importante é que, frecuentemente, os proxetos mesturaban elementos da arquitetura neorrenacentista como o neogótico, o neoclasicismo e o neobarroco, dando uns edificios eclécticos. Deste xeito, obras importantes como a Ópera Garnier (1861-74) de París e a Semperoper (1871-78) de Dresden son unha mestura de renacemento, barroco e neoclasicismo.

Algúns dos modelos máis comúns para a arquitectura neorrenascentista forom os palazzi renascentistas italianos como o Palazzo Pitti de Florencia e o Palazzo Farnese de Roma. Na vertente francesa os modelos foron os châteaux como o Château de Chambord e o Château de Blois, localizados no val do río Loira. En Alemaña e o norte de Europa varias prefecturas (Rathäuser) e pazos dos séculos XVI e XVII serviron de modelo, mentres que en Inglaterra os modelos comunmente usados forom as casas de campo e pazos do período isabelino.

Os dous estilos principais son o estilo italianizante e o estilo Segundo Imperio, este último principalmente en Francia cando están presentes características barrocas. Desenvolveuse sobre todo en Alemaña e Dinamarca, saltando a finais do século aos Estados Unidos.

Galería

Véxase tamén

Outros artigos