Gran Fame irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Famine sculpture in front of the International Financial Services Centre Dublin 2006 Kaihsu Tai.jpg|dereita|miniatura|280px|Escultura en [[Dublín - Baile Átha Cliath|Dublín]] en homenaxe ás vítimas da Gran Fame.]]
A '''Gran Fame irlandesa''' (en [[lingua irlandesa|irlandés]] ''An Gorta Mór'' ou ''An Drochshaol''<ref>O termo xurdiu en títulos de múltiples obras sobre o evento, como demostra [http://www.worldcat.org/search?q=%22Gorta+Mo%CC%81r%22&=Search&qt=results_page a pesquisa no WorldCat]</ref>) foi un período de [[fame]], [[doenza]]s e [[emigración]] en masa entre [[1845]] e unha data variábel entre [[1849]] e [[1852]],<ref>Kinealy (1995), xvi–ii.</ref> no que a poboación de [[Irlanda - Éire|Irlanda]] se reduciu entre un 20 e un 25 por cento.<ref>Christine Kinealy, This Great Calamity, [[Gill & Macmillan]] (1994), ISNB-10: 0 7171 4011 3, 357.</ref> A fame provocou a morte de preto dun millón de persoas e forzou a máis dundoutro millón a emigrar da [[Illa de Irlanda|illa]].<ref name="Rubinstein"/><ref>David Ross, ''Ireland: History of a Nation'', New Lanark: Geddes & Grosset, 2002, p. 226. ISBN 1-84205-164-4</ref> A causa principal da fame foi unha [[Praga (agricultura)|praga]] provocada polo [[Oomicetes|oomiceto]] ''[[Phytophthora infestans]]'', que contaminou os cultivos de [[pataca]] a gran escala<ref>Cormac Ó Gráda, ''Ireland's Great Famine: Interdisciplinary Perspectives'', Dublin: University College Dublin Press, 2006, p. 7. ISBN 1-904558-57 6</ref> en toda [[Europa]] durante a década de [[1840]]. A pesar de que atinxiu a Europa enteira, a praga afectou moitísimo a Irlanda, xa que un terzo de toda a poboación dependía unicamente da pataca para sobrevivir. Ademais, o problema foi agravado por varios factores ligados á situación política, social e económica que aínda son materia de debate na comunidade académica<ref>Cecil Woodham-Smith, ''The Great Hunger'', Harmondsworth: Penguin, 1991, p. 19. ISBN 978-0-14-014515-1</ref><ref>Christine Kinealy, ''This Great Calamity'', Gill & Macmillan, 1994, pp. xvi–ii, 2–3. ISBN 0-7171-4011-3</ref>.
 
A fame foi un choque social na historia da Irlanda<ref>Kinealy, ''This Great Calamity'', p. xvii.</ref>e os seus efectos alteraron para sempre o plano demográfico, político e cultural irlandés. Chegou mesmo a ficar como parte da memoria popular,<ref>A fame que atinxiu a Irlanda entre 1845 e 1852 ficou como parte integrante do folclore irlandés. Kenealy, ''This Great Calamity'', p. 342.</ref> sendo dende entón un dos episodios máis lembrados polos movementos nacionalistas irlandeses. A [[historia de Irlanda]] divídese xeralmente entre os períodos "pre-fame" e "pos-fame". A gran fame é tamén recordada como a maior catástrofe demográfica en [[Europa]] entre a [[Guerra dos Trinta Anos]] e a [[Primeira Guerra Mundial]], sumando máis dun millón de mortes en Irlanda en relación ó esperado se non tivese existido<ref name="Rubinstein">{{citar web|url=http://books.google/books?id=nMMAk4VwLLwC&pg=PA85|título=Genocide: a history |autor=W. D. Rubinstein|data=2004 |publicado=2004 |acessodata=1-4-2011}}</ref>.