Código xenético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21:
O xenoma dun organismo encóntrase no ADN ou, no caso dalgúns virus, no ARN. A porción de xenoma que codifica unha (ou varias) proteínas ou un ARN coñécese como [[xene]]. Os xenes que codifican proteínas están compostos por unidades de trinucleótidos chamadas [[codón]]s, cada unha das cales codifica un aminoácido. Cada subunidade nucleotídica está formada por un fosfato, unha desoxirribosa e unha das catro posibles bases nitroxenadas. As bases [[purina|purínicas]] adenina (A) e guanina (G) son máis grandes e teñen dous aneis aromáticos. As bases [[pirimidina|pirimidínicas]] citosina (C) e timina (T) son máis pequenas e só teñen un anel aromático. Na configuración en dobre hélice, dúas cadeas de ADN están unidas entre sí por [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] nunha asociación coñecida como emparellamento de bases. Ademais, estas pontes sempre se forman entre unha adenina dunha cadea e unha timina da outra e entre unha citosina dunha cadea e unha guanina da outra. Isto quere dicir que o número de residuos A e T será o mesmo nunha dobre hélice e o mesmo pasará co número de residuos de G e C. No ARN, a timina (T) substitúese por uracilo (U), e a desoxirribosa por unha ribosa.
 
Cada xene codificante para proteína transcríbese nunha molécula que servirá como molde ou patrón, que se coñece como [[ARN mensaxeiro]] ou ARNm. Este, á súa vez, tradúcese no ribosoma, orixinando unha cadea aminoacídica ou polipeptídica. No proceso de tradución necesítase un [[ARN transferente|ARN de transferencia]] ou ARNt específico para cada aminoácido, que leva o aminoácido unido a el [[covalente|covalentemente]], [[guanosina trifosfato]] como fonte de enerxía e certos factores de tradución. Os ARNt teñen [[anticodón]]s complementarios aos [[codón]]s do ARNm e pódense “cargar” covalentemente no seu [[extremo 3']] terminal CCA con aminoácidos. Os ARNt individuais cárganse cada un cun aminoácido específico grazas á acción dos [[encima]]s chamados [[aminoacil ARNt sintetase]]s, que teñen alta especificidade tanto polos aminoácidos coma polos ARNt. A alta especificidade destes encimas é o motivo fundamental do mantemento da fidelidade da tradución de proteínas.
 
Pódense facer 4³ = 64 combinacións diferentes con tripletes de tres nucleótidos, xa que matematicamente ditas combinacións son variacións con repetición. Os 64 codóns están asignados a un aminoácido ou a sinais de parada na tradución. Se, por exemplo, temos unha secuencia de ARN, UUUAAACCC, e a lectura do fragmento empeza no primeiro U (convenio 5' a 3'), habería tres codóns que serían UUU, AAA e CCC, cada un dos cales específica un aminoácido. Esta secuencia de ARN traducirase nunha secuencia aminoacídica de tres aminoácidos de lonxitude. Pódese comparar coa informática, onde un codón se asemellaría a unha palabra, o que sería a peza estándar para o manexo de datos (como o é un aminoácido para unha proteína), e un nucleótido é similar a un bit, que sería a unidade máis pequena. (Na práctica, precisariamos polo menos 2 bits para representar un nucleótido, e 6 para un codón, nun computador normal).