Coca-Cola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Coca-Cola en Galiza: edición begano
Liña 52:
 
==Coca-Cola en Galiza==
{{AP|Begano}}
[[File:Begano SA coca cola A Coruña.jpg|thumb|Begano, A Coruña]]
BEGANO (Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A.) é unha das sete embotelladoras de Coca-Cola en España. A fábrica de Begano ten 360 traballadores e unha facturación de 180 millóns de euros, e está situada na cidade da Coruña. O edificio da empresa foi deseñado polos arquitectos [[Andrés Fernández-Albalat Lois]] e [[Antonio Tenreiro]] en 1960. Está considerado como unha das edificacións industriais significativas da arquitectura galega. Begano fabrica, vende e distribúe as marcas Coca-Cola, [[Sprite]], [[Fanta]], Nordic Mist, Schuss, [[Nestea]], [[Aquarius]], Powerade, Burn, [[Minute Maid]], [[Aquabona]] e Mare Rosso. A empresa ten seis delegacións en Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.