The Breeders: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: fi:The Breeders
Elisardojm (conversa | contribucións)
baterista>batería
Liña 21:
Kim chamou a Tanya Donelly, integrante de [[Throwing Muses]], banda tamén de [[Boston]] que tiña moito prestixio no ''underground'' estadounidense, sendo a primeira banda dese país en asinar co renomado selo británico 4AD. Tanya e Kim coñecéronse nun clube en [[Boston]] en [[1988]] cando as dúas compositoras "frustradas" decidiran formar a súa propia banda. Elas pasaron os dous anos seguintes ensaiando e contando con varias formacións diferentes onde só as dúas líderes eran os integrantes efectivos. O nome escollido para a banda foi The Breeders, mesmo nome que Kim usaba en presentacións de música folk ao lado da súa irmá Kelley varios anos antes en [[Dayton, Ohio]].
 
A banda gravou unha demo despois de recrutar á violinista e vocalista Carrie Bradley, e contando coa axuda de catro bateristasbaterías e do baixista Ray Halliday. Unha vez rematada realizaron un concerto en The Rathskeller en [[Boston]]. O grupo envioulle a demo ao selo 4AD xa que era o que levaba tanto aos [[Pixies]] coma a [[Throwing Muses]], e finalmete asinaron un contrato.
 
=== ''Pod'' ===
The Breeders quería regravar a demo para editala. 4AD entregoulles 11.000 dólares e contrataron a [[Steve Albini]], que xa traballara con Deal no álbum dos [[Pixies]] ''[[Surfer Rosa]]'', para gravar en [[Edinburgo]] durante dúas semanas. Josephine Wiggs, de The Perfect Disaster, uníuse á banda como baixista. The Breeders estaban aínda sen bateristabatería, polo que Albini recomendoulles a Britt Walford de [[Slint]] para que realizase as sesións de gravación. Walford aceptou e gravou as baterías, uníndose posteriormente a The Breeders co nome ficticio "Shannon Doughton".
 
''[[Pod]]'' gravouse en só unha semana, polo que a banda usou o tempo restante en gravar varias caras-b, unha ''Peel Session'' e un video para "Hellbound". Editado o [[28 de maio]] de [[1990]], ''[[Pod]]'', a pesar de non ser un éxito comercial, recibíu críticas moi positivas.
 
===''Safari'' e ''Last Splash'' ===
Despois de ''[[Pod]]'', The Breeders regresaron aos seus proxectos. [[Pixies]] lanzou ''[[Bossanova]]'' en [[1990]] e ''[[Trompe le Monde]]'' en [[1991]], pero a finais dese ano baixaron o seu ritmo de actividade. Deal negouse a achegar material a un álbum dos [[Pixies]], compoñendo unicamente para editar con The Breeders. A banda gravou o EP ''[[Safari (EP)|Safari]]'' a finais de [[1991]], xa coa irmá xemelga de Kim, Kelley Deal, na guitarra. Despois de gravar o EP, Donelly deixou a banda para formar Belly. [[Pixies]] parou as súas actividades a mediados de [[1992]], polo que Deal continuou compoñendo novo material para The Breeders. Nese tempo Walford era moi reacio a ser identificado como parte de The Breeders, e foi substituído polo bateristabatería Jim MacPherson. A banda xa se convertera nun equipo a tempo completo e foi teloneira de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] na súa xira europea de [[1992]].
 
Coa separación dos [[Pixies]] en xaneiro de [[1993]], The Breeders regresaron ao estudio para gravar o seu segundo álbum. ''[[Last Splash]]'' apareceu no mes de agosto dese ano e foi un éxito comercial. Editáronse tres sinxelos do mesmo, incluído "Cannonball", que acadou o número 2 da ''Billboard Modern Rock Charts''. Grazas a isto a súa popularidade aumentou, en [[1994]] ''[[Last Splash]]'' foi certificado platino pola RIAA e a bandaasegurou o seu posto na xira ''[[Lollapalooza]]''.
 
=== Hiato ===
En [[1995]], Kelley Deal estivo involucrada nunha redada de drogas, polo que Kim Deal formou o proxecto paralelo The Amps con MacPherson, o baixista Luis Lerma e o guitarrista Nate Farley, que posteriormente tocaría en [[Guided by Voices]]. The Amps editaron o álbum ''Pacer'' en outubro de [[1995]]. Despois da súa rehabilitación, Kelley iniciou o proxecto Kelley Deal 6000 e tamén formou [[The Last Hard Men]] co vocalista de [[Skid Row]] [[Sebastian Bach]], o bateristabatería de [[The Smashing Pumpkins]] [[Jimmy Chamberlin]] e [[Jimmy Flemion]] de [[The Frogs]].
 
En [[1996]] Kim Deal recuperou o nome de The Breeders para unha serie de concertos en [[California]]. A formación da banda nos mesmo era esencialmente a de The Amps xunto coa violinista Carrie Bradley. A banda intentou gravar o seu terceiro álbum en [[1997]], pero sen éxito. Kelley Deal regresou ao grupo o ano seguinte e gravou temas coa súa irmá, aínda que o único material editado durante ese período foi unha versión de The Three Degrees aparecida na película ''The Mod Squad'' en [[1999]].
 
=== ''Title TK'' ===
As irmás Deal recrutaron a novo persoal para continuar actuando no ano [[2001]], e voltaron ao estudio co guitarrista Richard Presley, o baixista Mando Lopez e o bateristabatería Jose Medeles para gravar o terceiro álbum da banda, ''[[Title TK]]'', con [[Steve Albini]]. The Breeders foron chamados e principios do [[2002]] pata actuar nun capítulo da serie ''Buffy the Vampire Slayer''. O episodio emitiríase por vez primeira o [[5 de novembro]] dese ano.
 
The Breeders contribuíron co tema "Wicked Little Town: Hedwig Version" ao álbum tributo a Hedwig and the Angry Inch tribute ''Wig in a Box'', aparecido no ano [[2003]].