Faisán común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: be:Фазан
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 29:
A especie é orixinaria de [[Asia]], pero existen diversas fontes á hora de datar a súa introdución en Europa Occidental. Parece ser que os primeiros en traelas foron os [[Grecia Clásica|gregos]], e que de aí saltaron, polo seu valor ornamental, a criárense en [[Roma Antiga|Roma]]. Outras fontes apuntan a unha masiva introdución a comezos da [[Idade Media]]. En [[Gran Bretaña]] introducíronse no [[século X]], extinguíronse e volvéronse reintroducir a principios do [[século XIX]], con moitísimo éxito. En América comezouse a súa introdución a mediados do XIX e principios do [[século XX|XX]] ([[México]], [[Chile]]...).
 
En Galiza non é unha ave abondosa, pero pode atoparse nas zonas de montaña próximas a [[Ourense]], así como na raia portuguesa e na montaña interior ([[Chandrexa de Queixa]], [[Vilariño de Conso]]...). Tamén se teñen producido avistamentos nas zonas costeiras de [[Sanxenxo]] e [[O Grove]]. Estanse a realizar soltas experimentais de faisán como [[especies cinexéticas|especie cinexética]] e sempre dentro de [[wikt:couto|couto]]s. Na produción agrícola, en [[España]] había en [[2003]] unhas 52.000 cabezas, pero a maior parte correspondían a [[Cataluña]].
 
== Gastronomía ==