Abrir o menú principal

Cambios

Moitas dos nosos [[medicación|medicamentos]] e algunhas drogas, como o [[Cannabis sativa|cánnabis]], veñen directamente do reino vexetal. Outros produtos medicinais derívanse de sustancias de orixe vexetal; así, a [[aspirina]] é un derivado do ácido salicílico, que orixinalmente se obtiña da [[cortiza]] de [[salgueiro]]. A investigación sobre produtos farmacéuticamente útiles nas plantas é un campo activo de traballo que rende bos resultados. [[Estimulante]]s populares como o [[café]] (polo seu contido en [[cafeína]]), o [[chocolate]], o [[tabaco]] (pola [[nicotina]]), e o [[té]] teñen orixe vexetal. Moitas [[bebida alcólica|bebidas alcólicas]] derivan da [[fermentación]] de plantas coma o [[cebada|orxo]] e a [[uva]] da [[videira]].
 
As plantas tamén fornecen moitos materiais, coma o [[algodón|cotón]], a [[madeira]], o [[papel]], o [[liño]], o [[aceite vexetal]], algúns tipos de [[corda]]s e [[plástico]]s. A produción de [[seda]] non sería posible sen o cultivo de árbores coma as [[Moreira 8árbore(árbore)|moreira]]. A [[cana de azucre]] e outras plantas foron recentemente empregadas como [[biomasa]] para produciren unha [[enerxía renovable]] alternativa ao [[combustible fósil]].
 
=== Entendemento de cambios ambientais ===
11.107

edicións