Fotografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: stq:Photographie
Toliño (conversa | contribucións)
Liña 1:
[[Ficheiro:Ollar fotográfico.jpg|300px|miniatura|dereita|Ollar fotográfico.]]
A '''fotografía''' é a técnica de gravar imaxes fixas sobre unha superficie de material sensible á luz baseándose no principio da [[cámara escura]]. Na cámara escura conséguese proxectar unha imaxe captada por unha lente ou un conxunto de lentes sobre unha superficie, de tal forma que o tamaño da imaxe queda reducido e aumenta a súa nitidez. Para almacenar esta imaxe as cámaras fotográficas utilizaban ata fai algúns anos exclusivamente as [[película fotográfica|películas sensibles]], mentres que na actualidade empréganse tamén sensores dixitais.
 
Liña 6:
A fotografía pode ser clasificada baixo a máis ampla denominación de tratamento de imaxes, e debido a isto, fascinou tanto a científicos como a artistas dende os seus inicios. Os científicos, sobre todo, aproveitaron a súa capacidade para plasmar con precisión todo tipo de circunstancias e estudos, tales como os estudos sobre locomoción humana e animal de [[Eadweard Muybridge]] ([[1887]]). Os artistas tamén foron seducidos por estes aspectos pero trataron sempre de ir máis alá da mera representación foto-mecánica da realidade.
 
== Historia da Fotografía ==
Considérase que a fotografía foi desenvolvida pola primeira vez en Francia na época en que os inicios da [[sociedade industrial]] comezaban a achegar innovacións técnicas no campo da [[óptica]]. Os procesos fotográficos xurdiron vinculados ao campo científico, onde as teorías [[positivismo|positivistas]] esixían a comprobación empírica de cada elemento da Natureza. Porén, a burguesía axiña popularizou usos diversos da fotografía, principalmente do xénero do [[retrato]], nun intento por emular os retratos pictóricos da nobreza. A fotografía adquiría así unha nova atribución ao converterse en ferramenta de ascenso social.
 
Liña 33:
A tecnoloxía fotográfica dixital, asentada no inicio do s. XXI, constitúe o último paso fundamental no aprimoramento da fotografía: as imaxes son capturadas por un sensor electrónico que dispón de multitude de unidades fotosensíbeis e que arquiva os datos nunha memoria electrónica. A democratización da fotografía,que xa estaba en claro asentamento coas cámaras Kodak, prosegue hoxe cos segmentos compacto e bridge das cámaras dixitais que hoxe ocupan o mercado e cos dispositivos de [[teléfono móbil|telefonía móbil]] que incorporan cámaras fotográficas de alta resolución.
 
== Tecnoloxía e Técnica na Fotografíatécnica ==
* A [[cámara fotográfica]]
* [[Fotografía química]]
Liña 46:
* [[Conversión a branco e negro de fotografías dixitais]]
 
=== Véxase tamén ===
=== Outros artigos ===
 
* [[Aplicacións científicas da fotografía]]
* [[Fotografía como arte]]
Liña 58:
* [[Festivais de fotografía]]
 
=== EnlacesLigazóns exterioresexternas ===
* [http://www.americas.org/item_21999 A hiperrealidade da imaxe]
* [http://www.henciclopedia.org.uy/autores/Bortagaray/Meyer1.htm Artigo en HENCICLOPEDIA]