Diferenzas entre revisións de «Austrasia»

m
Colonia - Köln
m (r2.7.1) (Bot: Engado: hu:Austrasia)
m (Colonia - Köln)
[[Clodoveo I]] o Grande, rei dos [[francos]], dispuxo que o seu reino fose dividido entre os seus fillos á súa morte. A [[Clotario I]] o Vello deulle [[Neustria]], a [[Teodorico I, Rei franco|Teodorico I]] deulle Austrasia, a [[Sexismundo]] deulle [[Borgoña]] e a [[Khildeberto I]] deulle [[París]]. Desde a división do reino franco en [[511]] ata que [[Pipino o Breve]] reunificara o Reino Franco a mediados do [[século VIII]] iniciando a dinastía [[carolinxios|carolinxia]], Austrasia foi durante a maior parte do tempo un reino independente con capital en [[Metz]].
 
Austrasia comprendía territorios do leste da actual [[Francia]], oeste de [[Alemaña]], [[Bélxica]] e os [[Países Baixos]]. De forma aproximada comprendía as terras situadas nas concas dos ríos [[Rhin]], [[río Mosa|Mosa]] e [[río Mosela|Mosela]]. Ademais de Metz incluía localidades como [[Reims]] (que serviu de capital para algúns reis de Austrasia), [[Colonia (Renania- do Norte-Westfalia)Köln|Colonia]] ou [[Tréveris]]. A súa influencia prolongábase cara ao leste chegando a [[Turinxia]] e [[Baviera]].
 
Desde a creación do reino en [[511]], Austrasia estivo constantemente envolvida en disputas coa súa veciña Neustria. Estas disputas alcanzaron o seu clímax coas guerras que enfrontaron á raíña [[Bruniquilda]] de Austrasia e a raíña [[Fredegunda de Neustria]]. En [[613]] unha rebelión da nobreza contra Bruniquilda depuxo á raíña e entregouna, xunto co reino, ao rei [[Clotario II]] de Neustria, que reunificou ambos reinos e creo un [[Reino Franco]] unido gobernado desde [[París]].
104.751

edicións