Péptido sinal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''péptido sinal''' (tamén chamado '''secuencia sinal''', '''secuencia líder''' ou '''péptido líder''') é un curto [[péptido]] de 5-30 [[aminoácido]]s de longo, xeralmente [[hidrófobo]]s, presente no [[extremo N-terminal]] da maioría das proteínas recén sintetizadas que están destinadas á [[vía secretora]] <ref>{{cite journal | author= Blobel G, Dobberstein B. | title=Transfer of proteins across membranes. I. Presence of proteolytically processed and unprocessed nascent immunoglobulin light chains on membrane-bound ribosomes of murine myeloma. | journal= J Cell Bio. | year=1975 |month=Dec.| volume=67 | issue=3 | pages=835-51 | pmid=811671 }}</ref>.
Estas proteínas son as que residen dentro de certos [[orgánulo]]s (o [[retículo endoplasmático]], [[aparato de Golgi]] ou [[endosoma]]s), ou son segregadas pola célula ao exterior, ou inseridas na maioría das membranas celulares. Debe terse en conta que aínda que a maioría das proteínas unidas ás membranas de tipo I teñen péptidos sinal, a maioría das proteínas transmembrana de tipo II e as proteínas unidas á membrana con dominios que abranguen varias veces a membrana son destinadas á vía secretora polo seu primeiro [[dominio transmembrana]], o cal bioquimicamente lembra un péptido sinal, coa excepción de que non é clivado (cortado).