Direccionalidade (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
[[Ficheiro:MRNA structure.svg|miniatura|esquerda|500px|ARNm maduro onde se ven os extremos (''cap'' e cola poliA) e as rexións UTR, que non se traducirán a proteína.]]
 
{{clear}}
 
==Augas arriba e augas abaixo==
Outra forma de indicar direccionalidade nos ácidos nucleicos con respecto aos seus extremos é utilizar as expresións '''"augas arriba"''' (en inglés '''upstream''') e '''"augas abaixo"''' (en inglés '''downstream''').
 
Augas arriba quere dicir en dirección ao extremo 5' (é dicir, movéndonos de 3' a 5'). Por exemplo, o [[promotor (xenética)|promotor]] dun xene está situado augas arriba. O termo procede da comparación cun río, xa que se considera por convención que os ácidos nucleicos empezan ("nacen") no extremo 5', polo que ese sería o nacemento do río e ir nesa dirección se denominou ir ''upstream'', augas arriba, río arriba ou contracorrente.
 
Augas abaixo quere dicir en dirección 3' (é dicir, movéndonos de 5' a 3'), cara ao final da cadea do ácido nucleico (a desembocadura do río). Por esa razón esta dirección denominouse ''downstream'', augas abaixo, río abaixo ou a favor da corrente. Por exemplo a cola poliA nun ARNm maduro está augas abaixo.
 
===En transdución de sinais===
Na [[transdución de sinais]] nas que se producen cascadas de reaccións tamén se utilizan os termos augas arriba (''upstream'') e augas abaixo (''downstream'') para ordenar os sucesivos eventos e reaccións e indicar se teñen lugar ao principio (''upstream'') da cascada ou ao final (''downstream'').
 
==Direccionalidade e sentido==
Non ten nada que ver a direccionalidade con respecto aos extremos 3' e 5' co sentido e antisentido das cadeas de ADN, que se refiren a cal das cadeas é a que leva a mensaxe xenética e se transcribe, xa que son complementarias en bases, pero só unha delas se transcribe. O sentido e antisentido explicaranse no seu artigo correspondente.
 
== Notas ==