Tradución (proteínas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 28:
* A elongación comeza despois de que o fmet-ARNt entra no sitio P, causando un cambio de conformación que abre o sitio A para que o novo aminoacil-ARNt se una. O factor de elongación Tu (EF-Tu), unha pequena [[GTPase]], facilita esta unión. Agora o sitio P contén o comezo da cadea peptídica da proteína a codificar (polo momento só cun aminoácido) e o sitio A ten o ARNt co seguinte aminoácido que debe engadirse á cadea peptídica.
* O primeiro aminoácido unido ao ARNt no sitio P deslígase do seu ARNt e seguidamente fórmase un [[enlace peptídico]] entre el e o novo aminoácido unido a ARNt que acaba de entrar no sitio A. Este proceso, coñecido como ''formación do enlace peptídico'', está [[catalizador|catalizado]] polo propio ARNr de 23S da subunidade maior do ribosoma, que actúa como un [[ribocima]], realizando unha actividade de [[peptidil-transferase]]. Neste punto no sitio A formouse un dipéptido, mentres que o sitio P ten un ARNt descargado (ARNt sen aminoácido).
* Na fase seguinte da elongación, a ''traslación'', o ribosoma móvese 3 nucleótidos (un codón) cara ao [[extremo 3']] do ARNm (en dirección 5'-3') expoñendo o seguinte codón. Todo este proceso vaise volver a repetir moitas veces máis ata completar a proteína: entra un novo aminoacil-ARNt no sitio A, todo o péptido en crecemento que estaba formado e unido ao ARNt no sitio P únese ao novo aminoácido que acaba de entrar, polo que o péptido crece nun aminoácido, o ARNm desprázase outro codón, o ARNt co péptido pasa ao sitio P, e o ARNt descargado pasa ao sitio E de saída. Este proceso de desprazamento está catalizado polo factor de elongación G (EF-G) gastando un GTP.
* O ribosoma continúa desprazando os codóns sucesivos do ARNm polos sitios do ribosoma, sempre empezando polo extremo 5' do ARNm e acabando polo 3', e mentres seguen uníndose sucesivos aminoacil-ARNt ao sitio A, ata que o ribosoma chega a un [[codón de parada]] no ARNm (UAA, UGA ou UAG).