Direccionalidade (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19:
== Extremo 3' ==
[[Ficheiro:PhosphodiesterBondDiagram.png|miniatura|200px|[[Enlace fosfodiéster|enlaces fosfodiéster]] (dentro dos círculos) entre nucleótidos.]]
O '''extremo 3 prima''' (3') dunha cadea de ácido nucleico é o extremo que contén o grupo 3'-OH ([[hidroxilo]]) terminal no 3º carbono do azucre. O extremo 3'-OH é necesario para a síntese de novas moléculas de ácido nucleico, xa que se engaden a el nucleótidos, que se enlazan polo fosfato do extremo 5' destes, orixinando un [[enlace fosfodiéster]], que alonga a cadea.
 
Os biólogos poden utilizanutilizar [[nucleótido]]s que carecen do grupo 3'-OH (chamados didesoxirribonucleótidos) para interromper a [[replicación do ADN]]. Esta técnica coñécese como o método de terminación da cadea didesoxi ou método de Sanger, e utilízase na [[secuenciación do ADN]].
 
O extremo 3' dun ARNm nacente é o sitio onde se produce a poliadenilación postranscricional, na cal se engade unha cola de 50 a 250 residuos de [[adenosina]] durante a maduración do ARNm eucariótico. Esta cadea axuda a determinar a duranciónduración da vida do ARN na célula, o que afecta á cantidade de proteína que se traduce a partir del.
 
A rexión que flanquea ao xene en dirección 3' non se traduce. Antes pensábase que esta rexión non se transcribía en absoluto, pero descubriuse que se transcribe a ARN pero rapidamente se elimina durante o procesamento do transcrito primario para formar o ARNm maduro. Esta rexión a miúdo contén secuencias que afectan á formación final do extremo 3' e pode conter amplificadores (''enhancers'') e sitios de unión de proteínas.
 
A rexión [[3' UTR]] situada inmediatamente despois do xene é unha rexión que é transcrita a ARNm pero que non se traduce a proteína no ribosoma. É a zona situada entre o [[codón de finalizaciónterminación]] e a cola poliA. A rexión 3'-UTR pode afectar á eficiencia da tradución do ARNm ou á estabilidade do ARNm. Tamén ten secuencias necesarias para a adición da cola poliA durante a maduración do ARNm, como o hexanucleótido AAUAAA.
 
[[Ficheiro:MRNA structure.svg|miniatura|esquerda|500px|ARNm maduro onde se ven os extremos (''cap'' e cola poliA) e as rexións UTR, que non se traducirán a proteína.]]