White Collar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Entradución}} White Collar (Ladrón de guante blanco en España) é unha serie de televisión do canal estadounidense ''USA Network'' creada por Jeff Eastin, protagonizada por ..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Entradución}}
White Collar (Ladrón de guante blanco en España) é unha serie de televisión do canal estadounidense ''USA Network'' creada por Jeff Eastin, protagonizada por Matt Bomer como o convicto Neal Caffrey e Tim Dekay como o axente especial Peter Burke. Emitiuse por primeira vez o 23 de Outubro do 2009. En decembro do 2009, White Collar foi renovada por unha segunda temporada que comezou o 13 de xullo do 2010. O 27 de setembro do 2010, a ''USA Network'' renovou White Collar por unha terceira temporada que constou de 16 novos episodios, e que comezaron a emitirse o 7 de xuño do 2011.[1] A serie foi renovada por unha cuarta temporada o 25 de agosto do 2011, que se estreou o 10 de xullo do 2012.[2][3] O 25 de setembro, a serie foi renovada por unha quinta temporada que conta con 16 episodios.[4]
 
 
Argumento da serie
 
Neal Caffrey, un convicto, falsificador e ladrón, é capturado tras xogar tres anos ao gato e ó rato co FBI. Faltándolle so uns meses para terminar de cumprir unha condena de catro anos,[5] escapa dunha prisión federal de máxima seguridade para atopar a Kate, a súa moza. Peter Burke, o axente do FBI que inicialmente capturou a Caffrey, atopouno e levouno de volta a prisión. Esta vez, Caffrey dalle a Burke información sobre probas atopadas doutro caso; porén, esta información tiña un prezo: Burke debía ter unha reunión con Caffrey. Neste encontro, Caffrey propúxolle un trato: el axudaríalle a coller a outros criminais como parte dun programa de traballo de liberación. A través da captura exitosa de varios ladróns de guante branco, Caffrey demostroulle a Burke que o axudaría e que non trataría de escapar outra vez. Este é o comezo dunha asociación pouco convencional pero exitosa.