Novela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
== Etimoloxía ==
Como no [[lingua castelá|castelán]] e no [[lingua portuguesa|portugués]], o termo '''novela''' galego procede do [[lingua italiana|italiano]] ''novella'', onde a palabra refería cada un dos relatos breves contidos en obras tales coma o ''[[Decameron]]'' (1353). Tanto o antigo [[lingua francesa|francés]] ''novelle'' (mod. ''nouvelle'') coma o italiano ''novella'' proceden do nominativo plural latino ''novella'' refeito como singular. No [[latín]] a forma singular, ''novellus'' derivaba de ''novus'' 'novo'. O [[lingua inglesa|inglés]] ''novel'' foi importado a través do francés antigo, con desprazamento acentual (de forma aguda para grave).<br />
 
A evolución semántica no galego, castelán, [[lingua catalá|catalán]] e inglés é semellante. Comeza facendo referencia a contos ou relatos de curta extensión para acabar referindo un [[Xéneros e formas literarias|xénero]] de ficción no que se integran obras narrativas de extensión considerable. Este sentido actual da palabra correspóndese co do francés ''roman'', portugués ''romance'' e italiano ''romanzo''. Dada a necesidade de diferenciasdiferenciar os dous xéneros literarios hoxe téndese a falar de [[novela longa]], a novela por antonomasia, e de [[novela curta]].
 
== Características ==