Transposón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 49:
Os transposóns aparecen na maioría das formas de vida. Poden terse orixinado ou non no [[antecesor común]], ou ter aparecido independentemente moitas veces, o quizais apareceron unha vez e foron esparexéndose polos demais reinos pola vía da [[transposición horizontal]]. Mentres que os transposóns poden aportarlle certos beneficios ós seus hospedeiros, normalmente son considerados [[parasito]]s de [[ADN egoísta]], que viven no xenoma das células, de forma similar ós [[virus]]. Os virus e os transposóns comparten características nas súas estruturas xenómicas e capacidades bioquímicas, facendo posible a especulación sobre un antecesor común.
 
Xa que a transposición excesiva pode levar á destrución do xenoma, parece que moitos organismos desenvolveron mecanismos de redución da transposición á un nivel aceptable. As bacterias poden incrementar a súa taxa de deleción de xenes como parte do mecanismo de eliminación de transposóns e virus do seu xenoma, mentres que os organismos eucariotas poden desenvolver mecanismos de [[RNAARN interferente]] (ARNi) para reducir a actividade dos transposóns. No nematodo ''[[Caenorhabditis elegans]]'', algúns xenes dos mecanismo ARNi tamén reducen a actividade dos transposóns.
 
Os transposóns poden ser recrutados polo [[sistema inmune]] coa fin de producir diversidade de anticorpos. O sistema de [[recombinación V(D)J]] opera cun mecanismo similar ó dos transposóns.