Froita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
[[Ficheiro:Froitas diversas.jpg|miniatura|dereita|200px|Froitas diversas nun mercado barcelonés.]]As '''froitas''' son os [[froito]]s comestíbeis das [[Árbore froiteira|árbores froiteiras]] e outras [[planta]]s. Na lingua coloquial e en cociña, cando se fala da froita en termos xenéricos, a palabra refírese normalmente a aqueles [[vexetal|vexetais]] cuxos froitos son carnosos e doces, ricos en [[azucre]]s e [[vitamina]]s e frecuentemente consumidos crus como [[sobremesa]], como por exemplo, as [[ameixa (froito)|ameixas]], [[mazá]]s, [[laranxa (froita)|laranxas]] e un longo etcétera.
 
Porén, en canto ao nome concreto de cada tipo de froita, moitos vexetais moi comúns, así como varios tipos de [[noz|noces]] e [[Cereal|gran]]s, reciben o seu nome das especies das que proceden.
 
Habitualmente estes froitos son moi saborosos e relativamente doces, tendo polo normal [[cor]]es vivas e aromas agradábeis. Case todas posúen pel, [[polpa (froita)|polpa]] (a ''carne'' da froita) e [[semente]]s ou carabuñas ben diferenciadas.