Bandeira da Unión Europea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: sk:Vlajka Európy
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 21:
* '''Deseño e proporción da estrela:''' A estrela debe obterse a partir dun [[pentágono]] regular, alongando cada un dos lados da figura para crear as puntas. Así, cada punta será un [[triángulo]] equilátero que posúe un lado común con respecto ao pentágono orixinal. Cada unha das estrelas terá, segundo o devandito, cinco puntas. O tamaño da estrela virá determinado polo [[Raio (xeometría)|raio]] da circunferencia na que queda inscrita, do xeito que tal radio será 1/3 con respecto á lonxitude da diagonal do rectángulo da bandeira.
 
* '''Deseño e proporcións da bandeira:''' A [[bandeira]] será un [[rectángulo]] cuxa base terá unha lonxitude dunha vez e media a [[Altura (xeometría)|altura]]. As diagonais do rectángulo coincidirán cun dos lados de catro dos pentágonos que darán lugar ás estrelas.
 
* '''Situación das estrelas:''' As doce estrelas de cinco puntas están dispostas en [[círculo]], de xeito que a súa localización responde á situación das horas na esfera dun [[reloxo]]. Así, cada estrela deberá de ter unha separación igual con respecto ás dúas máis próximas, e gardar unha equidistancia con respecto ao centro da [[circunferencia]]. A distancia entre o centro da estrela circunscrita e o centro da circunferencia que trazan as doce estrelas deberá de ser un sexto da lonxitude da [[diagonal]] do rectángulo da bandeira.