Diferenzas entre revisións de «Sistema de escrita»

m
O contraste obvio é cos [[silabario]]s, que posúen un símbolo distinto para cada sílaba posíbel, e os símbolos para cada sílaba non posúen ningunha similitude gráfica sistemática. A similitude gráfica cos silabarios ven do feito de que a maioría dos abugidas derivan dos abjads, as consoantes formaran símbolos coa vogal inherente, sendo os símbolos vocálicos marcacións engadidas dentro do símbolo básico.
 
A [[alfabeto ge'ez|escrita etíope]] é un abugida, a pesar de que as modificacións nese sistema non son enteiramente sistemáticas. Os silabarios dos aboríxenes canadenses poden ser considerados abugidas, inda que raramente son tidos como tales. O maior grupo de abugidas é a familia bráhmica de escritas, que inclúe case todos os sistemas de escrita usados na [[India]] e no [[Sueste Asiáticoasiático]].
 
O nome ''abugida'' deriva dos catro primeiros caracteres da escrita etíope, tal como é usada nalgúns contextos relixiosos. O termo foi acuñado por Peter T. Daniels.
13.342

edicións