Sistema de escrita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Retiro marcador ''en tradución''
Liña 133:
Ás veces os logogramas son chamados ideogramas, unha palabra que se refire a símbolos que representan graficamente unha idea abstracta, pero os lingüístas evitan este uso pois, igual que os caracteres chineses son con frecuencia compoñentes semántico–fonéticos, os símbolos teñen un compoñente que representa o significado e un compoñente fonético complementario que representa a pronunciación. Algúns non lingüistas distinguen entre [[lexicografía]] e [[ideografía]], onde os símbolos lexicográficos representan palabras e os símbolos ideográficos representan palabras ou morfemas.
 
O máis importante (e, e certa medida, o único supervivinte) dos sistemas de escrita logográficos modernos é o Chinés, cuxos caracteres foron ou son usados, con distintos graos de modificación, en Chinés, Xaponés, Coreano, Vietnamita, e outras linguas do [[SudesteSueste Asiático]]. Os xeróglifos do Exípcio Antigo e o sistema de escrita maia son tamén sistemas cunhas certas características logográficas, aínda que tamén estableceron características fonéticas e non teñen un uso cotián.
 
===Sistemas de escrita silábicos===
Liña 180:
O contraste obvio é cos [[silabario]]s, que posúen un símbolo distinto para cada sílaba posíbel, e os símbolos para cada sílaba non posúen ningunha similitude gráfica sistemática. A similitude gráfica cos silabarios ven do feito de que a maioría dos abugidas derivan dos abjads, as consoantes formaran símbolos coa vogal inherente, sendo os símbolos vocálicos marcacións engadidas dentro do símbolo básico.
 
A [[alfabeto ge'ez|escrita etíope]] é un abugida, a pesar de que as modificacións nese sistema non son enteiramente sistemáticas. Os silabarios dos aboríxenes canadenses poden ser considerados abugidas, inda que raramente son tidos como tales. O maior grupo de abugidas é a familia bráhmica de escritas, que inclúe case todos os sistemas de escrita usados na [[India]] e no [[SudesteSueste Asiático]].
 
O nome ''abugida'' deriva dos catro primeiros caracteres da escrita etíope, tal como é usada nalgúns contextos relixiosos. O termo foi acuñado por Peter T. Daniels.