Liberté, égalité, fraternité: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
'''''Liberté, égalité, fraternité''''' (''[[Liberdade]], [[igualdade social|igualdade]], [[fraternidade]]'' en [[Lingua francesa|francés]]) é o lema da [[Francia|república francesa]], foi o [[lema]] da [[Revolución Francesa]] e é tamén a divisa da [[Francmasonería]]. O slogan sobreviviu á revolución, converténdose no berro dos [[activista]]s, tanto militantes como non-violentos, a favor da [[democracia]] e do [[derrocamento]] de gobernos opresores e tiránicos de todo tipo. O lema aparece citado nas [[Historia do constitucionalismo francés|constitucións francesas]] de [[1946]] e [[1958]] (en ambas as dúas atópase no título primeiro - Da soberanía, artigo 2).
 
[[Ficheiro:Liberte-egalite-fraternite-tympanum-church-saint-pancrace-aups-var.jpg|dereita|300px|miniatura|Tímpano dunha igrexa de Aups, [[Var (departamento)|Var]], co lema da República, pendurado en [[1905]] para sinalar que é propiedade estatal.]]
 
Orixinalmente a divisa era ''Liberté, égalité, fraternité, ou a mort!'' (''¡Liberdade, igualdade, fraternidade ou a morte!'').