Guerra de Sucesión Austríaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m María Tareixa I de Austria
Liña 1:
[[Ficheiro:Battle-of-Fontenoy.jpg|miniatura|dereita|450px|Imaxe da Batalla de Fontenoy de Edouard Detaille.]]
A '''Guerra de Sucesión Austríaca''' ([[1740]] - [[1748]]) chegou a ser inevitable despois de que [[María TeresaTareixa I de Austria]] sucedera en [[1740]] ó seu pai [[Carlos VI de Alemaña|Carlos VI]] nos seus dominios converténdose en raíña de [[Hungría]] e de [[Bohemia]], arquiduquesa de [[Austria]], duquesa de [[Parma]], de [[Piacenza]], e de [[Guastalla]]. Que unha muller herdara tan extensos territorios, na súa época, implicou moitas complicacións e o emperador Carlos VI anticipounas de longo, conseguindo aprobar a [[Pragmática Sanción de 1713]]. O plan estaba en ser ela elixida para os dominios hereditarios dos Habsburgo e e o seu marido, Francisco I, duque de Lorena, ser elixido emperador.
 
En principio [[Francia]], [[Prusia]], [[Rusia]], [[Gran Bretaña]] e as [[Provincias Unidas]] apoiaban a María Teresa pero apareceron outros aspirantes ó trono: Carlos Alberte de Baviera e Augusto de Saxonia, xenros de Xosé I, irmán e antecesor no trono imperial de Carlos VI. Querían, respectivamente, Bohemia e a Coroa imperial e Moravia. Carlos Manuel de Sardeña reclamaba o Milanesado. Filipe V de España reclamaba os ducados de Parma e Piacenza.