Auguste e Louis Lumière: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado info da en.wiki
Liña 12:
 
Aínda que os operadores Lumière volveron rodar filmes entre 1899 e 1901 so con fins publicitarios a compañía non amosou ningún interese na exhibición comercial de películas e cara o 1905 abandonou definitivamente a produción de [[filme]]s.
 
== Primeiras proxeccións de cine ==
Os Lumière celebraron a súa primeira proxección privada en 1895. Esta primeira proxección do [[22 de marzo]], tivo lugar en [[París]], ante a "Society for the Development of the National Industry", e cunha audiencia de 200 espectadores. O obxectivo principal desta conferencia de Louis Lumière foi amosar os desenvolvementos recentes na industria da fotografía, sobre todo a investigación en policromía (fotografía en cor). Foi unha sorpresa para os Lumière comprobar que as imaxes en movemento (en branco e negro) captaban máis a atención na xente que as fotografías e fotogramas coloreados. A primeira proxección pública de filmes celebrouse o [[22 de decembro]] de [[1895]], no [[Salon Indien du Grand Café]] en Paris.<ref>[http://www.universalis.fr/encyclopedie/presentation-du-cinematographe-lumiere/ December 28, 1895.]</ref> Esta presentación estreou dez curtametraxes, incluíndo o seu primeiro filme, ''[[La Sortie de l'usine Lumière à Lyon.]]''. Cada película ten 17 metros de longo, é dicir, duran aproximadamente 50 segundos.
 
O debut público no Grand Café chegou uns meses máis tarde e consistía nas seguintes dez curtametraxes (en orde de aparición):
 
#''[[La Sortie de l'usine Lumière à Lyon]]'' (literalmente, "a saída da fábrica Lumière en Lyon"), 46 segundos
#''[[La Voltige]]'', 46 segundos
#''[[La Pêche aux poissons rouges]]'', 42 segundos
#''[[Le Débarquement du congrès de photographie à Lyon]]'', 48 segundos
#''[[Les Forgerons]]'', 49 segundos
#''[[L'Arroseur arrosé]]'', 49 segundos
#''[[Le Repas de bébé]]'', 41 segundos
#''[[Le Saut à la couverture]]'', 41 segundos
#''[[La Places des cordeliers à Lyon]]'', 44 segundos
#''[[La Mer]]'', 38 segundos
 
As imaxes en movemento tiveron unha inmediata e significante influencia na cultura popular, como o famoso ''[[L'Arrivée d'un train en gare de la Ciotat]]'' (literalmente, "chegada do tren a La Ciotat") e ''[[Carmaux, défournage du coke]]''.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==