Osteíctios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños (especialmente de lingua e terminoloxía científdica)
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 1:
[[Ficheiro:Gamor u0.gif|miniatura|300px|Bacallau.]]
Os '''osteíctios''' (''Osteichthyes'', do [[lingua grega|grego]] ὀστεον /''ósteon/'', "'óso"', e ἰχθύς /ichtus/''ichtýs'', "'peixe"'), tamén chamados '''peixes óseos''' son [[vertebrados]] [[Gnathostomata|gnatóstomos]] (superclase ''Gnathostomata'') e inclúen tódolos peixes dotados de esqueleto interno óseo, formado principalmente por pezas calcificadas e algunhas [[cartilaxe|cartilaxinosas]]. Forman, xunto aos [[condrictios]] (peixes cartilaxinosos), os dous grandes grupos que comprenden os chamados vulgarmente ''peixes''. Existe un terceiro grupo cuxa inclusión dentro dos peixes está en discusión, que son os [[ágnatos]] ou peixes sen mandíbulas ([[lamprea]]s e peixes viscosos), que actualmente se tende a considerar unha superclase á parte, ''[[Agnatha]]''.
 
O termo ''Osteichthyes'' fai referencia a un grupo [[parafilético]] e non se considera unha clasificación taxonómica válida. Neste grupo encádranse as clases ''[[Actinopterygii]]'' e ''[[Sarcopterygii]]''<ref> Na clasificación tradicional [[Linneo|linneana]], os osteíctios son unha clase que, xunto aos condrictios, colga da superclase gnatóstomos. O [http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=10194 World Register of Marine Species] considera sinónimos Actinopterygii e Osteichthyes.</ref>.