Loucura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{enuso}} A '''loucura''' é un trastorno mental grave polo que unha persoa perde a razón<ref>Diccionario da Real Academia Galega: [http://www.realacademiagalega.org/d..."
 
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
 
A '''loucura''' é un trastorno [[mente|mental]] grave polo que unha persoa perde a razón<ref>DiccionarioDicionario da Real Academia Galega: [http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=loucura Loucura]</ref>.
 
== Definición e límites ==
 
Toda [[cultura]] ten algún tipo de categoría que se corresponde ca ''loucura'' actual [[Occidente|occidental]], pero ó mesmo tempo a loucura non sempre se distingue ben de outras categorías de pensamento e conducta: é moi difícil separar a loucura de outras perturbacións que van unidas a estadios ou sucesos particulares da vida, tales como a [[enfermidade]], a separación, a [[morte]], a [[adolescencia]] ou a [[vellez]]. De xeito análogo, a consideración de tolo resérvase con frecuencia ós revolucionarios ou ós innovadores, sobre o principio de que calquera que se oponga ó sistema é un tolo, sexa por non crer na súa lexitimidade ou porque a oposición ó propio sistema resulta un acto suicida<ref>BENNET, S. ''[http://books.google.es/books?id=2nfA5IO8tmMC&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Razón y locura en la antigua Grecia]''. Ediciones AKAL, 1984.</ref>.
 
A consideración da loucura como doenza mental é algo relativamente recente dentro do noso ámbito cultural. A modo de exemplo, ata o [[século XVII]] as alucinacións auditivas considerábanse experiencias [[Relixión|relixiosas]] e non síntomas de desequilibrio mental. As relixións sempre mantiveron unha estreita relación con todas as formas de loucura, por consideraren que estas estaban próximas ás vivencias místicas. As primeiras institucións para o tratamento da loucura apareceron nos países [[Islam|islámicos]], pero tratábanse maiormente de centros de reclusión nos que non faltaban internos particularmente perigosos para o poder vixente, que eran mantidos alí como modo de anulalos politicamente. Nos [[Estados Unidos]], a mediados do [[século XIX]], había gran cantidade de centros psiquiátricos que, na práctica, non proporcionaban coidados médicos efectivos, e só nalgúns casos, algún tipo de "terapia moral". Durante as primeiras décadas do [[século XX]] consolidouse a [[Psiquiatría]] como especialidade médica, pero as súas premisas de base nacían máis do convencemento de que a [[Ciencia]] era capaz de curar as doenzas mentais que nunha práctica verdadeiramente capaz de facelo. Na segunda década do século a [[Psicanálise]] foise estendendo a medida de se demostraba a súa capacidde no tratamento das [[neurose]]s, e mesmo acabaron opor abrirse centros para o tratamento da [[esquizofrenia]] seguindo unha orientación de tipo pricoanalítico. Na década de [[1930]] cobraron forza tratamentos de tipo orgánico para a esquizofrenia, tales como o [[electroshock]] e o [[shock de insulina]], ambos de limitada eficacia. A partir de [[1950]] o peso das terapias recaeu sobre os preparados [[Química|químicos]], contra a esquizofrenia e a depresión<ref>BENNET, S. ''[http://books.google.es/books?id=2nfA5IO8tmMC&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Razón y locura en la antigua Grecia]''. Ediciones AKAL, 1984.</ref>.
 
== Referencias ==
{{referencias}}