Lingua estoniana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: kk:Эстон тілі
Liña 56:
 
 
Hai unha serie de consoantes oclusivas xordas e non aspiradas, con tres duracións fonémicas, representadas '''b d g''', '''p t k''' e '''pp tt kk'''. O resto das consoantes tamén presenta distinción na duración, mais na [[escrita]] só son distinguidas as consoantes curtas e longas. Como nas vogais, dous niveis de duración segmental son fonémicos, e o terceiro nivel é suprasegmentalmente fonémico. Por exemplo, para o fonema 'n': curto - 'n' en ''lina'' "pano das mans", longo 'n' en ''linna'' "da cidade" e extralongo 'n' en ''linna'' "para a cidade".
 
As fricativas son '''s h''', alén de '''f š ž z''', usadas en empréstamos. As demais consonantes son '''j l m n r v''', alén das alofónicas [[velares nasais]] '''nk''' e '''ng'''. As consonantes poden palatalizarse, mais esa distinción non se marca na ortografía. A palatalización ocorre antes das vogais frontais. Cerca do 0,15% do léxico presenta total palatalización fonémica, cando ocorre sen unha vogal frontal.