Lingua bengalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: pa:ਬੰਗਾਲੀ ਬੋਲੀ
Liña 54:
O místico [[Baul]] do interior de Bengala, que pregaba a verdade espiritual sen fronteiras do ''Sahaj Path'' (o camiño simple, natural), e ''Maner Manush'' (O Home do Corazón) deseñou a filosofía vedántica para propor verdades transcendentais en forma de música, viaxando de vila en vila proclamando que non existían nada hindú, musulmán ou cristián, soamente ''maner manush''.
 
== [[Escrita]] ==
 
O bengalí é xeralmente escrito coa [[escrita bengalí]]. Esa é unha [[Sistema de escrita|escrita]] [[Familia bráhmica|bráhmica]], moito similar ao [[devanagari]] usado polo [[hindi]] e polo [[sánscrito]]. Cada símbolo-base representa unha [[sílaba]], e outros símbolos poden adicionarse para mudar (ou suprimir) a vogal daquela sílaba. Aglomeracións de consoantes son frecuentemente indicadas pola ligazón de dous símbolos.
 
O sistema de soletrear baséase nunha versión antiga da lingua sen certas fusións de vogais que aconteceron na lingua falada, non podendo ser así definida como completa [[ortografía fonémica]].